Site icon Crónica3.com A Mariña

O Tesón de Ribadeo celebrou a terceira charla sobre a saúde e programa unha visita guiada a San Martiño

Nota de prensa:

Este venres 21 de outubro tivo lugar na Casa das Letras a terceira charla do ciclo Ribadeo e … a saúde, organizadas pola AVV O Tesón. Nela, Mª del Carmen Pérez Bustelo, Doctora do Centro de Atención Primaria de Ribadeo dende hai dúas décadas, abordou a situación da medicina pública en Ribadeo, abrindo unha ampla gama de temas con respostas e tamén con demandas. Casos de ambas situacións déronse ó aclarar a dependendencia do centro de saúde de Ribadeo, que non ambulatorio, do SERGAS, Que non do INSALUD, ou na petición de un debate social para que fale o cidadán, poñendo claro que quere da sanidade pública e os medios para conseguilo. Exposición de conceptos que pareceron sinxelos a base de ser clara a propia exposición.

A próxima charla (e última do ciclo) terá lugar la Casa das Letras de Ribadeo o próximo venres 28 ás 20:30 horas, e terá por protagonista a Mar González Méndez, ATS do mesmo centro, que falará sobre Promoción de hábitos de vida saúdable na poboación.

Asemade, comunícase que asociación veciñal celebrará a excursión de outono o día 29 de outubro, sábado, a S. Martiño de Mondoñedo, visitando asemade o castelo de Pardo de Cela na Frouxeira e Sto. Estevo do Ermo. Para apuntarse á excursión , que durará todo o día, deíxanse os teléfonos 629806592/ 663749442 ou poñéndose en contacto con algún dos directivos da asociación.

Exit mobile version