Site icon Crónica3.com A Mariña

A campaña de promoción “As compras en Burela teñen premio” remata o 28 de otubro

Nota de prensa

As compras en Burela teñen premio

A Federación Galega de Comercio e o Concello de Burela presentaron o pasado luns en Burela unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenrólase en Burela dende o 17 de outubro, e ata o 28 de outubro. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros.

Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Burela poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza do Concello ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 28 de outubro, nunha carpa ubicada na Praza da Mariña, dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

Destacar ademáis que os clientes que aporten ás promotoras o xustificante de pagar coas Tarxeta Mastercard do Comercio Galego e Tarxeta Comercio de Novacaixagalicia, duplicarán a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.

A campaña será publicitada nos establecementos burelenses, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novacaixagalicia. Neste primeiro semestre do ano, desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Burela. Na provincia de Lugo desenrolarase tamén en Chantada entre o 14 e o 25 de novembro.

PROGRAMA FESTA FINAL DE CAMPAÑA

Venres, 28 de outubro. Praza da Mariña de Burela

12.30 h. Animación nas rúas: Pasarrúas , Zancudos e Malabaristas.

17.00 h. Animación nas rúas: Pasarrúas , Zancudos e Malabaristas.

18.30 h. Espectáculo de Maxia cómica “ Rey Midas “

19.30 h. Actuación Musical a cargo de Mariana.

20.00 h. Sorteo e entrega de 3.000 euros en premios.

Exit mobile version