Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Burela acolle a exposición “A Muralla no Museo”

Nota de prensa:
A CASA DA CULTURA ACOLLE DO 17 DE OUTUBRO AO 10 DE NOVEMBRO A EXPOSICIÓN A MURALLA NO MUSEO / THE WALL-A MURALLA (PETER SCHNEIDER).

Burela, 14 de outubro de 2011. A Casa da Cultura acolle desde o vindeiro luns e ata o 10 de novembro a exposición A Muralla no museo / The wall-A Muralla (Peter Schneider), segundo daba a coñecer nas últimas horas a concelleira de Cultura, Mónica Pedre. O horario de visitas será de 11 a 13 horas de luns a venres e de 18 a 20 horas de luns a sábado.

A exposición, que chega a Burela da man do Museo Provincial de Lugo e da Concellería de Cultura, compónse de dúas partes. A Muralla no museo. Pegadas arqueolóxicas da Muralla consta de paneis informativos con imaxes dos restos arqueolóxicos que procedentes da muralla ou da súa contorna se poden visitar no Museo Provincial de Lugo. E The wall-A Muralla (Peter Schneider) está formada por 8 imaxes realizadas polo fotógrafo alemán asentado en Lugo, que ofrece unha visión da muralla viva e humanizada, como elemento de cohesión imprescindible entre a cidade e os cidadáns.

Mónica Pedre anima aos veciños de Burela e aos do resto da Mariña a achegarse á Casa da Cultura a disfrutar desta exposición, que foi organizada no seu día para conmemorar o décimo aniversario da declaración do bimilenario monumento como patrimonio da Humanidade, coa intención de divulgar e promocionar a muralla de Lugo.

Exit mobile version