Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG critica a Educación pola tardanza na resolución sobre os horarios do colexio de Galdín en Cervo

Nota de prensa

A CIG-ENSINO CRITICA A TARDANZA NA RESOLUCIÓN DE EDUCACIÓN SOBRE OS HORARIOS DO CEIP Nº1 DE CERVO

A CIG apoia ao profesorado do centro e entende a súa indignación

“A Xunta non pode seguir a desprestixiar o labor docente” afirma Dores Fernández Abel

Ribadeo, a 27 de outubro de 2011.- A CIG-Ensino emitiu un comunicado criticando a actitude da Consellaría de Educación e a súa tardanza en resolver unha modificación de horarios solicitada polo Ceip Nº1 de Cervo desde o pasado 6 de xuño.

Hai que dicir que a solicitude de modificación dos horarios lectivos dos centros está totalmente regulada e polo tanto debería estar resolta antes do comezo de curso, dado que despois indubidablemente provoca moitos trastornos tanto para o alumnado como para o profesorado e os pais e nais. “O que é impresentable é como desde o 6 de xuño e pasados case cinco meses a Xefatura Territorial de Educación aínda non ten resolto o asunto, cando o cambio de horarios foi aprobada por unanimidade no Consello Escolar do centro” critica Dores Fernández Abel. Por este motivo, a CIG apoia ao profesorado do centro na súa petición e entende que estea indignado porque a administración educativa os ignore deste xeito e non lles dea ningún tipo de explicación nin resposta.

Os motivos do cambio de horario son pedagóxicos e así o entende a comunidade educativa ao aprobalo por unanimidade no Consello Escolar. Neste sentido, a CIG critica as declaracións tendenciosas do Xefe Territorial de Educación, Ramos Ledo, pois parece máis preocupado en desprestixiar ao profesorado e en dubidar da súa profesionalidade que en buscar a mellor solución en beneficio dos alumnos e alumnas. Tanto é así que “a Xefatura territorial está a crear problemas onde non os hai co prexuízo que esta inoperancia trae para o correcto funcionamento do centro”.

A CIG-Ensino, polo tanto, insta á Xefatura a dar unha resposta inmediata á petición do Ceip nº1 de Cervo respecto ao cambio de horario e pídelle ao Xefe territorial, e por extensión á Consellaría, que deixe de criminalizar ao profesorado e actúe en defensa da calidade do ensino público.

Exit mobile version