Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG explica que as protestas no Hospital da Costa non molestan aos usuarios e fanse no tempo de descanso

Nota de prensa

A CIG AFIRMA QUE AS CONCENTRACIÓNS DO PERSOAL DE LIMPEZA NON OCASIONAN MOLESTIA ALGUNHA AOS USUARIOS DO HOSPITAL.

Ante as declaracións feitas polo señor Balseiro nos medios de comunicación a cerca das concentracións que diariamente están levando a cabo as traballadoras e traballadores de limpeza do Hospital da Costa de Burela dende a CIG queremos facer as seguintes consideracións:

1.- As concentracións do persoal de limpeza lévanse a cabo no hospital porque ese é o seu centro de traballo. E lévanse a cabo no tempo do bocadillo para non interferir no traballo. Acaso preferiría o Sr. Balseiro que se adoptasen outro tipo de medidas, ou que houbese que desprazarse a Vigo, sede da empresa? Porque indubidablemente iso sí repercutiría negativamente na normal actividade do hospital.

2.- Propoñémoslle ao Sr. Balseiro que pase algún día polas concentracións ou cando menos que cambie de informador porque é rotundamente falso que as concentracións se fagan ao lado do despacho de admisións. Fanse, e ademáis de forma totalmente silenciosa e sen ocasionar molestia algunha nin para usuarios, nin pacientes hospitalizados, no vestíbulo exterior. É decir, de portas para fóra. Non debe tampouco o Sr. Balseiro ser un asíduo lector da prensa da comarca porque as fotos que estes días se teñen publicado así o atestiguan.

3.- Afirma o Sr. Balseiro que o persoal de limpeza non pertence ao Sergas e, polo tanto, pode estar hoxe neste hospital e mañá noutro. Equivócase unha vez máis. Nada máis lonxe da realidade, parece que o Sr. Balseiro non oiu falar do Dereito de Subrogación. O persoal de limpeza está asignado a este centro hospitalario, e en base ao dereito citado por máis que as empresas concesionarias do servizo vaian mudando o persoal segue no centro e nas mesmas condicións laborais.

4.- Afirma o Sr.Balseiro que o que se busca ao facer as concentracións no Hopital é publicidade. Insistimos que o motivo é tan obvio como que simplemente é o seu centro de traballo. Publicidade igual é o motivo polo cal él interven nun conflicto no que, se o Sergas ou o Hospital se ven afectados, calqueira das dúas entidades terán voces moito máis autirizadas neste senso ca él para emitir  opinións no nome desas institucións.

5.- Se tanto lle preocupa ao Sr. Balseiro a imaxe do Hospital, moito mellor faría desmarcándose do seu partido e votando en contra dos recortes en sanidade en xeral e deste hospital en particular, ou facer algo por reducir as listas de espera.

Exit mobile version