Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG vai impartir un curso de renovación de CAP para traballadores en activo

Nota de prensa:
CURSO RENOVACIÓN CAP (40 horas)

A Confederación Intersindical Galega (C.I.G.) vai impartir un Curso de RENOVACIÓN DE CAP de 40 horas de duración dirixido a traballadores e traballadoras en activo.

Dito curso está homologado pola Consellaría de Traballo e é de carácter gratuíto, celebrarase durante o mes de outubro (data de inicio o xoves 20 de outubro e remate 3 de novembro) en BURELA, nun horario compatible coa xornada laboral co fin de facilitar a participación no mesmo.

O PRAZO PARA MATRICULARSE É ATÉ O 6 DE OUTUBRO.

Todos aqueles traballadores e traballadoras que desexen facer o curso deben pasarse polos locais da C.I.G. de Burela sito na Avda. Arcadio Pardiñas 137, galerias ou chamar ó telefono Nº 982 581 861

Exit mobile version