Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión Focega protesta contra os recortes na sanidade pública cun pasacalles musical

Nota de prensa

Foz en branco contra os recortes na sanidade pública

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública convoca aos veciños e veciñas,asociacións e partidos, a participar nun pasacalle musical,que sairá ás 6 da tarde do sábado día 5 de novembro da Avenida da Mariña esquina Juan Montes e percorrerá as rúas de Foz para finalizar na Casa do Mar. Ao remate haberá música e animación na rúa.

Convidamos ás veciñas e veciños a acudir vestindo algunha prenda de cor branca,ou portando algún letreiro que teña que ver cos lemas desta xornada de festa reivindicativa : non aos recortes na sanidade pública en Foz, ambulancia pola noite, urxencias 24 horas,etc.

Animamos a participar tamén aos grupos musicais das parroquias e da vila, aos membros das comparsas de antroido, aos profesionais da hostalería e a todo tipo de agrupación disposta a aportar o seu grao de area.Chamamos á xente de todas as idades, xente nova e xente maior e familias con pícaros, porque entendemos que a defensa da sanidade pública é cousa de todos.

Todos xuntos, con algo de imaxinación, sentido do humor e alegría, podemos facer deste día unha ocasión especial.

ÁNIMO E CONTAMOS CON VÓS!

Exit mobile version