Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión técnica do Foro 21 analizou en Burela os plans de sostibilidade ambiental, social e económica

Nota de prensa

REUNÍUSE EN BURELA A COMISIÓN TÉCNICA DO FORO 21 PARA REVISAR OS PLANS DE ACCIÓN.

Burela, 28 de outubro de 2011. A comisión técnica do Foro 21 mantivo un encontro para analizar os plans de acción de sostibilidade ambiental, social e económica. Os coordinadores, José Casas, Patricia López e Mónica Pedre, fixeron unha avaliación da situación de cumprimento de cada un deles e propuxeron os programas, liñas de actuación e accións a implementar en ditos plans. Todos coincidiron na necesidade de proceder á súa actualización, “porque os actuais correspóndense ao ano 2003”.

O presidente da comisión técnica do Foro 21, José María González Barcia, plantexou que se estuden en detalle os plans para ver as sinerxias que poidan existir entre eles, paso previo ao traslado dos mesmos ás comisións temáticas, que serán as encargadas de priorizar as liñas de actuación que se deriven de cada plan. Patricia López agarda que “as distintas comisións temáticas se poidan reunir antes de que finalice o ano”.

O encontro da comisión técnica do Foro 21 celebróuse a mediados desta semana na sala de comisións do Concello de Burela. Nel participaron José María González Barcia, José Casas, Patricia López, Mónica Pedre e Mª José Castro, técnico de medio ambiente.

Exit mobile version