Site icon Crónica3.com A Mariña

A maioría dos alcaldes da Mariña, menos o de Cervo, denuncian o recorte do 80% para o programa de axuda no fogar

Nota de prensa

A MAIORÍA DOS ALCALDES DA MARIÑA, MENOS O SEÑOR VILLARES, DENUNCIAN O RECORTE DO 80% PARA O PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR

-O Concello pasará de recibir 25.000 euros a tan só contar con 5.000 euros, os socialistas esixen “a súa reposición, pois este programa é necesario para moitas familias e xenera empregos no municipio”

-Ante a pasividade mostrada polo equipo de goberno, aseguran que “o alcalde actúa de forma partidista ante as medidas do seu compañeiro Feijóo” e piden “o cese da asesora de políticas sociais”

CERVO, 21 DE OUTUBRO. A Xunta de Galicia levará adiante drásticos recortes en materia social, máis concretamente en relación ó programa de Axuda no fogar. O Goberno de Feijóo recorta nun 80% os fondos destinados a estes servizos. Os socialistas de Cervo, non conformes con esta medida, denuncian a situación e piden á Xunta “a reposición inmediata destas axudas, pois son necesarias para moitas familias e veciños do noso municipio”.

Os recortes do PP no programa de Axuda no fogar non son os únicos, a Xunta tamén eliminou a aportación para os desplazamentos do personal ós domicilios, así como outros programas de dinamización para os máis maiores. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo aseguran que “só co programa de axuda ó fogar, o no noso Concello deixará de recibir un total de 20.000 euros, pois pasaremos de contar con 25.000 euros a tan só con 5.000 euros”.

Son moitos os alcaldes de concellos veciños de toda A Mariña, e de todas as cores políticas, os que mostraron públicamente o seu descontento coa medida, “nós seguimos esperando a que o noso rexedor, Alfonso Villares, ou a asesora de políticas sociais do noso Concello, Pilar Armada, se manifesten ante estes recortes que caen coma unha lousa nun municipio coma o de Cervo, no que son moitas as persoas que disfrutan deste servizo e moitos os empregos que xenera este programa”.

Os socialistas engaden que “tanto Villares como a súa asesora actúan de parapeto político, de forma partidista e calan ante os recortes do seu compañeiro, o señor Feijóo”.

Finalmente, dende o GMS din que “ante a pasividade e falta de interese que se mostra por parte de todo o equipo de goberno en materia social, pedimos ó alcalde que lle esixa á Xunta de Galicia a reposición destas axudas e ademais, o cese da asesora de políticas sociais deste Concello, pois non actúa cando ten que actuar e de social, ten sí, o seu salario, xa que o pagamos todos os cervenses”.

Exit mobile version