Site icon Crónica3.com A Mariña

Centros da Mariña secundaron a mobilización convocada polos sindicatos en defensa do ensino público

Nota de prensa

ÉXITO ROTUNDO DAS MOBILIZACIÓNS DO PROFESORADO NA MARIÑA

Segundo a CIG, no 80% dos centros houbo concentracións no recreo

Ribadeo, 11 de outubro de 2011.- A maioría dos centros de ensino de primaria e secundaria da Mariña secundaron a mobilización convocada hoxe por todos os sindicatos en defensa do ensino público e contra os recortes en educación que o PP está levando a cabo desde a Xunta de Galiza. A mobilización de hoxe consistía nunha concentración do profesorado en horario de recreo con pancartas alusivas á defensa do ensino público.

Segundo a CIG, no 80% dos centros públicos se fixeron as concentracións na que participaron máis do 60% do profesorado aínda que participarían moitos máis se non tiveran que facer as labores propias de coidado e gardas do alumnado. “Estamos seguros que o 99% do profesorado rexeita as medidas que a Consellaría está tomando en contra da calidade da ensinanza pública ” asegura Dores Fernández Abel. Estas mobilizacións tamén pretenden que a Consellaría tome nota de que o profesorado da Mariña non está disposto a seguir soportando as continuas descualificacións e insultos por parte de cargos desa Consellaría á labor docente que os mestres fan cando moita desa labor a fan voluntaria e desinteresadamente.

Así mesmo, a CIG fai un chamamento aos pais e nais dos alumnos/as para que entendan que todas estas mobilizacións son en defensa da calidade do ensino que reciben os seus fillos e fillas e pídeselles que apoien ao profesorado nesta loita conxunta.

Tamén dicir que numerosos centros xa teñen colgadas pancartas a prol da aposta polo ensino público e de que as políticas de austeridade non poden pasar por recortes de profesorado e de orzamentos que prexudican a calidade do ensino público.

Exit mobile version