Site icon Crónica3.com A Mariña

A manipulación

A manipulación

Estes días estase a ver imaxes de protestas do profesorado en contra dos recortes que se están a aplicar no eido da enseñanza, e paréceme lamentable que ninguén chame a atención sobre a manipulación que estes intachables profesores fan do seu alumnado nas súas protestas. Non entendo como se pode coller un fato de rapaces e que posen con carteis reivindicativos dos seus profesores. Tamén no Valadouro, fai uns anos se deu un caso parecido, cando un profesor mandou escribir unha carta de felicitación ó presidente Zapatero cando gañou as eleccións, un caso de efusivo ardor democrático, sobre todo tendo en conta que o devandito “profe” era candidato do Partido Socialista en Alfoz. E unha imaxe que me retrotrae ós tempos da “educación de la ciudadanía”, tanto criticamos tempos pasados e nós tamén caemos no erro de adoutrinar ós rapaces. Paréceme razoable que todo colectivo reivindique os seus dereitos, de forma democrática e si pode ser, sin amolar demasiado ós demais, e paréceme unha boísima idea que se busquen apoios nas familias que, según a opinión dos ensinantes, van sufrir os recortes da educación. Non obstante penso que erran de obxectivo, quen ten que estar sostendo os carteis para as fotos non son os nenos, son os país si están de acordo coas reivindicacións dos maestros. Perdón maestros non quedan, dos profesores.

Anque tal vez sexa difícil de convencer a un pai que ve peligrar o seu traballo (véxase o caso de MHermida), ou que está no paro, ou que lle deben nominas atrasadas, de que dar unha hora mais de clase á seman é un problema de tal calibre que teñen que sair a rúa a protestar. Cando ademáis, o colectivo que reclama tal afrenta, goza de traballo garantido e tres meses (como mínimo) de vacacións pagadas.

Eu propoño outra solución que ó mellor ós pais tamén lles parece ben, que dían as 21 horas de clase e que sigan hasta as 40h. de traballo semanal no centro, non na casa, e que collan un mes de vacacións en Agosto (como todo fillo de veciño) e o resto dos meses estén no centro facendo labores de apoio para reforzar esa educación que vai tan de mal en peor, que axuden ós alumnos que non sacaron ben as suas materias, en semana santa, entroido, nadal, o mes de Xullo e todo Setembro. Sería unha boa maneira de apoiar a educación gratuita e seguro que íamos a mellorar o nivel. O que non sei e si lles gustará moito ós profesores…

AGF. Burela.

Exit mobile version