Site icon Crónica3.com A Mariña

A obra social da Caixa desaparecerá

A OBRA SOCIAL DA CAIXA DESAPARECERA

Saeu nos papeis fai unha semana “ Os responsables da Obra Social de Novacaixagalicia trasladaron este xoves aos sindicatos que, coa participación que ten actualmente a caixa no banco, o seu labor é “inviable” e que, mesmo alcanzando o 15% previsto, sería complicado mantela como ata o momento.”

Sen embargo non foi o 15%, foi menos da metade a valoración do que Novacaixagalicia ten no acionariado do novo banco.

Representantes da CIG e CC.OO indicaron que no encontro, ao que asistiu o director da Obra Social, Guillermo Brea, entre outros responsables, informóuselles de que se a caixa non logra ese 15% a acción social será “inviable”, polo que “desaparecerá” tal como se coñece ata agora e pasaría a un modelo máis reducido, o que implicaría despedimentos.

Deducimos pois que ademais de despedimentos moitas seccións da obra social terán que pechar as súas portas ou a Xunta, que tamén anda podre co tema do diñeiro se faga cargo das mesmas.

A Obra Social, Centros de xubilados, museos, casa de cultura, edicións, axudas e xestións en xeriátricos, feiras festas e mercados que xestiona a caixa tras a creación de NCG Banco, conta con 335 traballadores, que podería reducirse ao 10% si é que continua dita obra social.

O peche non será inmediato, ao parecer Brea explicou que este apartado da caixa ten un remanente de 90 millóns, co que “pode “ir tirando”. En canto ao patrimonio que posúe a caixa, dixo que, polo momento, non está previsto que se produzan vendas. En calquera caso, indicou que están a elaborar un plan de viabilidade que será presentado aos sindicatos.

O escenario actual, é que a caixa controla o 6,84%, mentres que o resto está en mans do FROB. A acción social financiarase cos beneficios do banco que correspondan á caixa pola súa participación.

Claro está que si o pobo e a xustiza espabilan e exixen a devolución dos máis de 40 millóns de euros que os xefazos se levaron e si Mauro Varela e Julio Fernández Ganoso se ven obrigados a devolver o que cobran cada mes como conselleiros do novo banco en nome da caixa a cousa podería aguantarse algo máis.

Pero a realidade é teimuda e as ultimas noticias din que a través da Fundación, paga un chofer e a seguridade ao ex director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, que figura como presidente, precisamente, desa Fundación.

Xa o dicía meu avó “Ladróns e xentes de mal vivir con garavata , hainos a esgallo”.

Otero Regal

Exit mobile version