Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pataca naranxa animará os burelaos en Granada

Nota de prensa:
A PATACA NARANXA ANIMARÁ OS BURELAOS EN GRANADA

A Pataca Naranxa xa ten pechada a súa primeira viaxe da tempada 2011-12. A peña desprazarase a Granada para animar os burelaos ante o Oxipharma FS o 5 de novembro, no encontro da oitava xornada da Segunda División.

A expedición laranxa partirá o venres 4 de novembro, ás 13.00 horas, dende a cafetería Vista Alegre. A saída da cidade andaluza está prevista para as 9.00 horas do domingo 6.

Todas as persoas interesadas poderán reservar a súa praza ata o martes 25 de outubro facendo o ingreso de 60 euros no número de conta (Nova Caixa Galicia Banco) 2091-0109-89-3040023173, indicando nome e apelidos. O devandito desembolso incluirá o desprazamento en autobús, aloxamento de dúas noites, almorzo do sábado e domingo, xantar do sábado e entrada para o partido.

Exit mobile version