Site icon Crónica3.com A Mariña

A piscina de Lieiro terá limitacións no subministro de auga quente dous días pola súa dependencia de Alcoa

Nota de prensa

Tarefas de mantemento na rede de condensado da factoría de Alcoa que subministra calor á piscina provocará que a temperatura da instalación non sexa a habitual

A PISCINA OLÍMPICA DE LIEIRO SUFRIRÁ LIMITACIÓN NO SUBMINISTRO DE AUGA QUENTE DURANTE OS DÍAS 25 E 26

Cervo 22 de outubro de 2011.- O concelleiro delegado de Deportes, José Ramón Soto, informou hoxe que os vindeiros días 25 e 26 de outubro (martes e mércores) a piscina olímpica municipal de Lieiro sufrirá unha limitación no subministro de auga quente debido a uns traballos de mantemento programado que se están a realizar na sección de condensado da planta da multinacional de Alcoa, encargada de subministrar o vapor de condensación á piscina.

“Onte comunicóusenos por parte de Alcoa que os vindeiros días 25 e 26 van a proceder a realizar tarefas de mantemento na sección de condensado da planta e polo tanto, o subministro de calor que se nos subministra á piscina vaise ver afectado. Esta limitación de vapor de condensado vai provocar que a temperatura da auga da piscina non sexa a habitual” indicou Soto.

O concelleiro de Deportes pediu desculpas anticipadas aos usuarios desta instalación e confiou en que os veciños saberán entender “que se trata dun feito puntual, que só se vai a prolongar 48 horas no tempo, segundo nos comunicaron os propios responsables de ALCOA”.

Exit mobile version