Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria chama a concentrarse diante do Hospital da Costa para que a Xunta non elimine a Área Sanitaria da Mariña

Nota de prensa

A MARIÑA TEN QUE IMPEDIR O DESMANTELAMENTO DA NOSA ÁREA SANITARIA E DA SANIDADE PÚBLICA

OS RECORTES DA CONSELLERÍA EMPEORAN A SANIDADE DIA A DIA

o 26 de de xuño do 210 elebrouse unha multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública en Burela

Na UDO ( unidade da dor), deixáronse de poñer as infiltracións para a dor a doentes graves. Non se lles da solución a est@s enferm@s, indícaselles que vaian á privada.

Reduciron o persoal e eliminaron as substitucións, incluso no verán que aumenta a poboación ou durante a campaña da gripe. Se hai menos profesionais para atender á poboación a calidade asistencial baixa.

Centros de Atención Primaria ( Vicedo, Barreiros) estiveron sen dotación de persoal de urxencias durante as mañás das súas festas locais deste verán.

A Conselleira minte cando di que as listas de espera diminúen. Temos datos que corroboran que isto non é así, aumentan e cada día máis. Non nos poden enganar porque tod@s coñecemos xente que leva esperando por unha cita meses e meses
Seguen pendentes de analizar infinidade de citoloxías que se mandaron dende os centros de saúde. Se temos en conta as estatísticas algunha dará como resultado un cancro.

Mentres as salas de rehabilitación dos centros de saúde seguen a estar pechadas polas tardes, seguen a derivar pacientes aos centros privados

Suprimen servizos de ambulancia …

A cirurxia infantil estase derivando fora do hospital da Costa

A SOLUCIÓN NON É IR Á PRIVADA.

TEMOS QUE ESIXIR UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE CON XESTIÓN DENDE A MARIÑA

CONCENTRACIÓN

DÍA 27 de OUTUBRO as 20:00 H

Diante do HOSPITAL da COSTA

Exit mobile version