Site icon Crónica3.com A Mariña

A tirada de bolos no centro social de Monte en Xove contou con 36 participantes

Nota de prensa

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 3ª  TIRADA

(Centro Social de Monte – Sábado, 22 de outubro 2011)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MONTE  (22 OUTUBRO 2011  ) 34   INSCRITOS:   20  NA LIGA SENIOR,    5  NA LIGA SUB 16  E     9  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 228 12
SEGUNDO LUIS RANCAÑO BOUSO 220 10
TERCEIRO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 206 8
CUARTO JOSE VIGO LAGE 192 7
QUINTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 183 6
SEXTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 174 5
SÉTIMO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 158 4
OITAVO ARTURO VIGO CORA 136 3
NOVENO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 128 2
DÉCIMO JOSÉ  GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 128 1
MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA 92 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 131 6
SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 43 4
TERCEIRO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA 39 3
CUARTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 15 2
QUINTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 15 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 50 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 114 6
SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO 101 4
TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 86 3
CUARTO SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 78 2
QUINTO MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ 56 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 52 1

-Tarde moi agradable cun sol expléndido. 34 inscritos: 20 na Liga Senior Masculina, 9 na liga SEnior Femenina e 5 na Liga Sub 16.

Liga Senior Masculina.- Espectacular tirada a realizada polos dous primeiros clasificados con 228 e 220 puntos respectivamente, o que lles permite seguir encabezando a clasificación: con 32 puntos Arturo Vigo e con 26 Luis Rancaño. Á festa sumouse, como non, José Rafael González con 206 puntos, o que lle permite escalar posicións, pasando da 13ª á 8ª.  Sen dúbida son tres favoritos ao trunfo final. En terceira posición, compartida, temos a Omar Cabrera, quen fallou e non foi siquer capaz de puntuar e a Sócrates Campo, ambos con 13 puntos, moi alonxados dos dous primeiros postos. Polo tanto, por agora temos dous dominadores claros, o incombustible Arturo Vigo, quen comezou expléndidamente esta tempada, acompañado por un Luis Rancaño tremendamente motivado e competitivo.

Liga Senior Feminina.- Tamén nesta categoría temos dúas protagonistas destacadas: Carmen Corral e Belén Meitín, que encabezan con 16 e 14 puntos respectivamente. A segunda victoria consecutiva de Carmen permítelle relevar na cabeza a Belén, quen cos catro puntos acadados está moi preto da cabeza. Terceira é Salomé Bermúdez con 7 puntos, compartindo a cuarta posición Marisa Casabella e Dolores Baño con 4 puntos. No caso desta última, recordamos que é a vixente campiona, inda que hoxe mellorou un pouco, non acaba de despegar; esperemos que vaia collendo a forma, ca que non nos cabe dúbida de que, por xogo e ambición, ao final debe de estar entre as tres mellores.

Liga Sub 16.- Victoria apabullante da vixente campiona Salomé Cardoso, o cal lle permite acceder á terceira posición con 7 puntos. Segundo temos ao seu irmán Isaias Cardoso con 11 puntos , quen non puido participar nersta tirada, o cal lle costou o liderato a favor de Daniel López, que agora encabeza  con 15 puntos. Distintas razóns fixeron que tiveramos unha baixa participación nesta categoría.

A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE O VINDEIRO SÁBADO, 29 DE OUTUBRO DE 2011.

Exit mobile version