Site icon Crónica3.com A Mariña

A vixésimo terceira tirada de bolos Concello de Xove comeza no centro social de Lago

NOTA DE PRENSA

COMEZA A XXIIIª TIRADA “CONCELLO DE XOVE”

O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deportes, pon en marcha unha nova tempada de bolos. Mañá, sábado 8 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXIIIª, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XIIª Tempada e a IIIª da Liga Feminina.

Para ir preparando esta nova edición dun dos torneos de deporte popular máis antigos de Galicia, hai uns dias tivemos unha Xornada de Promoción dos Bolos para tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón, celebrada o 4 de outubro e polas cales pasaron tódolos alumnos-as do IES.

Esta temporada temos bastantes novidades con respecto á pasada, sobretodo novidades normativas, as cales foron aprobadas polo conxunto de xogadores o pasado 12 de marzo, na última tirada da edición pasada. Son as seguintes:

-Vóvese a retomar a Línea do 20, que só será válida para categoría senior.

-Créase a linea do 8, que estará a 8 metros da finqueira; esta línea só valerá para a “cucada” da Liga Sub 16 e da Liga Femenina.

-Na Liga Femenina poderán participar tódalas rapazas e mulleres que teñan 16 ou máis anos. Poderán participar tamén rapazas de menos de 16 anos se así o deciden, pero non poderán participar nesta mesma temporada na Liga Sub 16.

-As normas aplicables a esta Liga son as mesmas que para a Liga Senior Masculina, coa diferencia de que a línea da tirada inicial vai estar situada nesta categoría a 8 metros da finqueira, pero só para “cucada”; e tamén que nesta categoría non hai línea do 20.

-As normas de xogo polas que se rexe a categoría SUB 16 son a mesmas que están vixentes para a Liga Senior Masculina, coas seguintes diferencias:

-A línea da tirada inicial vai estar situada nesta categoría a 8 metros da finqueira, pero só para “cucada”.

-Nesta Liga non hai línea do 20.

-Nesta categoría os xogadores/as poderán xogar cunha bola máis pequena que as normais (pequena e grande) coas que habitualmente xogamos; con isto tratamos de axudarlle aos competidores/as máis xóvenes. Esta bola máis pequena non poderá ser utilizada por ningún xogador/a das categorías senior masculina e feminina.

O calendario de tiradas para esta Temporada é o seguinte:

2.011

SÁBADO, 8 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.

SABADO, 15 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE VEIGA – PALMEIRO EN A RIGUEIRA.

SÁBADO, 22 DE OUTUBRO- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.

SÁBADO, 29 DE OUTUBRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.

SÁBADO, 5 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.

SÁBADO, 12 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.

SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.

SÁBADO, 26 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

SÁBADO, 3 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.

2.012

SABADO, 14 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.

SÁBADO, 21 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE VEIGA – PALMEIRO EN A RIGUEIRA.

SÁBADO, 28 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE

SÁBADO, 4 DE FEBREIRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.

SÁBADO, 11 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
Sábado 18 de febreiro: Sábado de Antroido

SÁBADO, 25 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.

SÁBADO, 3 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.

SÁBADO, 10 DE MARZO .- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

SÁBADO, 17 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXIIIª TIRADA DE BOLOS (XIIª TIRADA SUB 16 E IIIª TIRADA FEMININA) COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.

SÁBADO, 24 DE MARZO.- IXª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE” NO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS: Copa masculina e Copa feminina.

Exit mobile version