Nota de prensa
A XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITALA DA COSTA E ÁREA NORTE .
Denuncia os recortes que está levando a cabo a Consellería de Sanidade en toda a comarca.
Dende esta Xunta Persoal preguntamonos que como é posible que se faga esta rimbombante presentación, cando no noso hospital estase a suspender os tratamentos e a xestión das listas na unidade da dor.
Sra. Martín podemoslle dar nomes e apelidos de pacientes con doenzas moi graves os que xa se lles comunicou que non iban a recir tratamento nesta unidade e que se buscasen a vida como poidesen, e decir que claramente se lles está mandando as consultas privadas, claro esta pagando do seu bolsillo si é que teñen cartos para elo, e senon , aguanten sres. enfermos esas dores insoportables, pois a Conselleria , dalle igual a calidade que se preste neste hospital, onde levamos meses que non se sustitue o persoal,(I.T. vacacións, permisos ete.etc), e se lle carga os traballadores con doble carga asistencial, e onde tamén escasea o material.
Creen vostedes que a calidade asistencial que se presta en este momento de tantos recortes pode ser a mesma que cas plantillas completas, que ainda asi son escasas e en alguns casos mininas.
Coa saúde non se xoga e coa dor moito menos, o aforro económico hai moitas maneiras de facelo e a Consellería de Sanidade está priorizando na calidade e non o podemos permitir.
A unidade da dor ten que seguir dando servizo a quen o precise e eso pasa por contratación de persoal específico ou por optimizar as infraestructuras traballando tamén de tarde .Se isto non é posible hai que informar ós doentes e facilitarlles de xeito provisional a atención gratuíta noutro centro.
As autoridades sanitarias/Consellería deben voltar a restituir este
Servizo na maior brevidade, a fin de resolver importantes problemas de saúde e conseguir unha calidade de vida digna para este grupo de pacientes.
Copia do programa da dor da consellería.
O SERGAS PRESENTA A SÚA ESTRATEXIA DE ATENCIÓN INTEGRAL Á DOR NO PARLAMENTO EUROPEO
A xefa do Servizo de Desenvolvemento de Sistemas de Calidade participou hoxe nun obradoiro sobre o impacto social da dor que se está a celebrar en Bruxelas
O obxectivo do Servizo Galego de Saúde é conseguir un manexo óptimo da dor para a totalidade dos cidadáns galegos, co obxectivo de lograr hospitais “libres de dor” e mellorar a calidade de vida dos pacientes
Bruxelas, 4 de maio de 2011.- Mª Dolores Martín Rodríguez, xefa do Servizo de Desenvolvemento de Sistemas de Calidade, participou hoxe nun obradoiro sobre o impacto social da dor que se está a celebrar no Parlamento Europeo baixo o título Cal é a mellor práctica de atención á dor?, onde presentou a estratexia de atención integral á dor do Servizo Galego de Saúde.
Na súa intervención, explicou que o Sergas desenvolveu unha estratexia global para conseguir un manexo óptimo da dor para a totalidade dos cidadáns galegos, co obxectivo de lograr hospitais “libres de dor” e mellorar a calidade de vida dos pacientes.
A situación de partida, indicou, contaba con distintos plans baseados na dor crónica que tiñan unha grande heteroxeneidade nos tipos de asistencia, nos elementos estruturais, nos rexistros e nos indicadores de seguimento.
Así, o desenvolvemento dunha estratexia global permite ao Servizo Galego de Saúde incorporar a atención á dor como una estratexia transversal en todos os procesos; acadar procesos integrados e unha continuidade entre a Atención Primaria e a Especializada; e sensibilizar a sociedade, pacientes e profesionais de que a dor constitúe un problema real e que dispón de opcións terapéuticas adecuadas e eficaces na práctica totalidade dos casos.
Polo tanto, explicou, búscase normalizar a mellor asistencia posible a cada paciente; converter a dor nunha constante a avaliar, de xeito que non pase desapercibida e que o tratamento se adecúe tamén a ela; e impulsar a participación dos cidadáns como axentes activos para a súa prevención.
Alianzas cos profesionais
Para acadar estes obxectivos o Sergas fomentou as alianzas cos profesionais para que o desenvolvemento da estratexia de abordaxe da dor sexa efectiva e incidir na súa formación para adquirir, manter e perfeccionar as competencias necesarias para o seu manexo.
Así, sinalou Martín Rodríguez na súa intervención, implantouse en todos os hospitais galegos un procedemento de valoración da dor aguda. Este ?que foi previamente consensuado- inclúe a escala EVA para a súa avaliación, que está incluída no sistema de información de coidados GACELA, e o seu rexistro permitirá dispor de datos sobre avaliación e coidados aos usuarios.
“Actualmente, o procedemento de avaliación da dor aguda está implementada en todos os hospitais, e o mesmo ocorre co rexistro de dor. Temos un sistema de monitorización con indicadores conxuntos para todos os centros hospitalarios, que nos permite ter o coñecemento sobre esta información e, polo tanto, permítenos traballar en mellorar o sistema e posibilita crear puntos de referencia entre os distintos departamentos e centros”, concluíu.
A xefa do Servizo de Desenvolvemento de Sistemas de Calidade sinalou así mesmo que a implantación desta estratexia integral pola Xerencia do Sergas recibiu unha acollida moi boa por parte dos profesionais, especialmente do persoal que traballa nas unidades de dor, das sociedades científicas e das asociacións de pacientes.
O obradoiro Cal é a mellor práctica de atención á dor? foi organizado pola sociedade científica europea que agrupa aos profesionais sanitarios que estudan e traballan para mellorar a atención á dor. O seu obxectivo é presentar as mellores prácticas existentes en Europa e xerar futuras alianzas que axuden a mellorar o tratamento dos pacientes.
Esta edición se está a desenvolver no Parlamento Europeo grazas á invitación de membros de diversos comités sanitarios, sociais e legais, co apoio de máis de 85 organizacións de pacientes e científicos de toda Europa. Esta plataforma vai supor un importante pulo cara a consecución dun compromiso europeo para a xeración dunha política de loita contra a dor.