RUEDA APOSTA POLA DIFERENCIACIÓN E INTERNACIONALIZACION DOS PRODUTOS AGRICOLAS GALEGOS
O conselleiro da Presidencia asistiu hoxe á Festa da Faba de Lourenzá
Destacou o apoio do goberno galego, mediante o Plan Impulsa Lugo, ás actividades agrícolas, un dos pilares básicos da economia da provincia lucense
Santiago, 1 de octubre de 2011.- O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda asistiu no dia de hoxe á XXI Festa da Faba de Lourenzá, onde destacou aposta do goberno galego póla diferenciación e internacionalización dos produtos agrícolas galegos.
Na súa intervención inaugural da Festa da Faba, o titular de Presidencia, resaltou que a aposta de futuro é diferenciar e consolidar os nosos produtos para iniciar o seu proceso de internacionalización, e que a exportación é outro dos eixos fundamentais da política económica deste goberno.
Rueda destacou que a Xunta puxo en marcha o Plan Impulsa Lugo co obxectivo principal de estimular a economía desta provincia, e que un dos obxectivos do Plan é a firme aposta por centrarse nos cultivos de produtos con calidade diferenciada, coma é o caso da Faba de Lourenzá.
Asemesmo, Rueda destacou que a Faba de Lourenzá simboliza á perfección o tipo de produción á que Galicia se ten que dirixir: un produto diferenciado e cunha imaxe propia que poida proxectarse no exterior. E que o mercado global esixe especialización e calidade, o camiño polo que vai a Faba de Lourenzá.
A Festa da Faba ten o seus comezos no ano 1990, cando o Concello de Lourenzá tomou a iniciativa de celebrar unha festa dedicada a este cultivo. E segundo antigos arquivos, fai polo menos 220 anos que a faba é un cultivo típico da zona de Lourenzá, e así o documentan mercados de fabas xa no ano 1787. No ano 2001, foi declarada Festa de Interese Turístico Galego, e no ano 2009 a Comisión Europea concede a Denominacion de Orixe á Faba de Lourenzá.