Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta volverá sortear cinco vivendas de promoción pública que quedaron vacantes en Viveiro

Nota de prensa:
A XUNTA VOLVERÁ SORTEAR CINCO VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA QUE QUEDARON VACANTES NO CONCELLO DE VIVEIRO

Sorteáronse seis vivendas, pero só se adxudicou unha por non haber máis demandantes inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda
As vivendas están emprazadas nas rúas Melitón Cortiñas e Rosalía de Castro e serán adxudicadas a menores de 35 anos, para o que os interesados deberán inscribirse na sección 2 do Rexistro

Lugo, 14 de outubro de 2011.- O sorteo de seis vivendas de promoción pública na zona vella de Viveiro deixou cinco vivendas vacantes ao non haber demandantes para as mesmas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.

Os interesados nas devanditas vivendas deberán solicitar a súa inscrición no Rexistro de Demandantes, na sección 2, correspondente a demandantes de vivendas de promoción pública en núcleos rurais ou cascos históricos).

Unha vez que existan demandantes inscritos no Rexistro realizarase un novo sorteo para adxudicar as seis vivendas que quedaron vacantes neste primeiro sorteo. As vivendas adxudicaranse a menores de 35 anos. As vivendas pendentes de adxudicación están emprazadas na rúa Melitón Cortiñas 22 (dúas vivendas) e na rúa Rosalía de Castro 65 (tres vivendas).

Por outra parte tamén se sortearon catro vivendas no concello de Lourenzá (rúas Rego Vilaza e Montero Villegas) e dúas no de Ribadeo (rúa Antonio Otero). Todas as listas pódense consultar na web do IGVS ou nos respectivos concellos.

Exit mobile version