O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, acaba de abrir o prazo para solicitar árbores froiteiras, forestais e plantas de xardín . Este prazo abre hoxe luns 24 de marzo e rematará o vindeiro 19 de decembro do presente ano. Tódalas persoas do Concello que queiran solicitar árbores ou prantas, o poden facer dende hoxe no Departamento de Agricultura en horario normal de oficina.