Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz repartirá 1.200 euros nunha nova edición do “Campañazo do bingo” que premiará a fidelidade dos clientes

Nota de prensa

ACIA FOZ REPARTIRÁ 1.200 EUROS EN PREMIOS NUNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPAÑAZO DO BINGO, QUE COMEZA O VINDEIRO 4 DE NOVEMBRO.

Foz, 28 de outubro de 2011. En novembro volta unha nova edición do Campañazo do bingo, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz para premiar a fidelidade dos clientes que mercan nos negocios locais. O Campañazo repartirá 1.200 euros en premios ao longo dos venres do vindeiro mes. O sorteo terá lugar os días 4, 11, 19 e 26 de novembro a partires das 23 horas e poderá seguirse en directo por Radio Foz.

Segundo explica o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, “en cada sorteo imos repartir 300 euros en vales de compra. O gañador vai recibir un talonario con 15 cheques de 20 euros cada un para gastar ata o 31 de decembro nos establecementos comerciais que participan nesta campaña”. Paleo engadiu que “os veciños deberán seguir os sorteos desde os establecementos hostaleiros que se dan cita no Campañazo e cando se cante o bingo deberán dirixirse ao titular do local no que se atopan para que sexa él o que chame á emisora e así comprobar os datos do cartón gañador”.

ACIA Foz editou 25.000 cartóns que irán diferenciados por semanas a través dunha serie que aparece xunto ao número do boleto. José Carlos Paleo subliñou que “esta campaña tivo unha grande acollida nas pasadas edicións e agardamos que siga así ao longo deste mes de novembro de 2011. Animamos a todos os veciños a facerse xa cos cartóns para participar no Campañazo do bingo”.

Esta nova edición conta coa presenza de 83 establecementos comerciais e hostaleiros de Foz.

Exit mobile version