REFERENCIA
O PP sacraliza no Parlamento a arbitrariedade urbanística e o “todo vale”
parlamento1Deste xeito, calquera concello ou promotor que queira construir alí onde lle pete, dependendo da súa cor política, sabe que se non pode facelo coa Lei do Solo na man, sempre pode acudir ás súas amizades na Xunta para que aproben un Plano Sectorial de incidencia supramunicipal (anque sexa para un só concello, como o caso de Barreiros) e ademáis, de non haber cartos, un convenio urbanístico á medida para que os promotores pon teñan que poñer un can.
Esta nova vía aberta pola Xunta na xestión do territorio deixa baleira de contido toda a lexislación urbanística previa substituíndoa pola arbitrariedade e a discrecionalidade do Conselleiro. É o “urbanismo real” que invocaba o Sr. Hernández para solucionar os “problemas” do urbanismo legal: as leis e normas teñen o feo vicio de limitar e prohibir a política dos feitos consumados, do “ti vai facendo”, tan cara para moitos concellos galegos.
No debate parlamentar da proposición non de lei, evidenciouse tamén o enorme cinismo do grupo parlamentar maioritario: o voceiro do PP encarregado de defender o indefendíbel, o Sr. Balseiro Orol, foi un sos responsábeis sendo concelleiro en Cervo dun dos atendados patrimoniais máis bárbaros xamais acontecido en Galiza: a desfeita do castro da Atalaia. Con semellantes valedores, o noso patrimonio e o noso territorio corren grave perigo, e as leis que os defenden son papel mollado.
Conscientes de que un dos poucos camiños que quedan para revertir esta desfeita é a Xustiza, facemos un chamado aos xuíces para que sexan rigorosos na interpretación das leis e normas que ordenan o noso territorio e non se deixen influenciar polas presións políticas que pretenden instaurar a ditadura dos feitos consumados.