Site icon Crónica3.com A Mariña

Amañan a explanada existente na igrexa de Burela para transformala nunha praza peatonal


Nota de prensa

Deron comezo os traballos de acondicionamento do entorno da praza da igrexa Santa María de Burela. Segundo explica o concelleiro de obras, Manuel Fernández Valle, “váise proceder á mellora da escaleira e das rampas de acceso ao templo, e tamén se vai cambiar o aglomerado existente por granito gris e adoquín”. O edil popular subliña que “esta praza será peatonal despois da reforma na que tamén se colocarán bolardos e de novas luminarias”.

Exit mobile version