Site icon Crónica3.com A Mariña

Amplíase a cobertura do TDT nos concellos da Pastoriza e Ritorto

Nota de prensa:
O INICIO DAS EMISIÓNS DO NOVO MÚLTIPLEX DE TDT DA PASTORIZA PERMITIRÁ ACHEGAR A OFERTA COMPLETA DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A PRETO DE 700 PERSOAS DOS CONCELLOS LUGUESES DA PASTORIZA E RIOTORTO

Marca TV ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta
Unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT
Esta actuación forma parte do Plan da Xunta de Galicia da homoxeneización de coberturas, que, durante as próximas semanas, acenderá 67 centros emisores cos novos múltiplex

Santiago, 5 de outubro de 2011.- A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro reemisor de televisión de Pastoriza, prevista para mañá, xoves día 6, permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 700 persoas dos concellos da Pastoriza e Riotorto, na provincia de Lugo.

Deste xeito, os beneficiados poderán disfrutar das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:

Canle 44: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD
Canle 32: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10
Canle 58: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos ditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es-.

A continuación, bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.

O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plan da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que, durante os meses de setembro e outubro, acenderá 65 centros emisores cos novos múltiplex.

Este proxecto está cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Exit mobile version