Site icon Crónica3.com A Mariña

Artur Mas e o castelán

Artur Mas e o castelán

Fai uns días o Presidente catalán Artur Mas comparaba os resultados académicos dos alumnos cataláns usando o castelán cos dos casteláns da meseta. O presidente dicía que os resultados eran similares. E a maiores o presidente comentaba que xa non quería comparalos cos castelán falantes de Sevilla ou a Coruña, pois a estes case non se lles entendía.

Eu penso que si non entende os Sevillanos ou os Coruñeses cando falan en castelán, seguro que será por un problema del. Ou ben ten un problema de oído, ou ten fobia a estes cidadáns, pois eu, e moita mais xente, entendémolos sen problema algún.

Pero do que si estou seguro e de que Artur Mas, a partir do 20 de Novembro deste ano, vaise entender perfectamente cos casteláns falantes de Pontevedra, aínda que estes teñan barba e seseen. E non che digo nada si este pontevedrés non acada a maioría absoluta. Entón o entendemento pode ser case de parella de feito.

E cousa da política, que non e deus pero fai milagres.

O Fareiro De Foz

Exit mobile version