Site icon Crónica3.com A Mariña

As promesas burelás estrean o curso coa visita do Azkar-Lugo

Nota de prensa:
AS PROMESAS BURELISTAS ESTREAN O CURSO COA VISITA DO AZKAR LUGO

As promesas burelistas estrearán o curso 2011-12 o vindeiro sábado, 22 de outubro, coa visita das categorías de base do Azkar Lugo FS a Vista Alegre.

Os máis pequenos/as, Prebenxamín A, serán os encargados de inaugurar a xornada futbolística ás 10.00 horas; o Infantil saltará á pista ás 11.00 e unha hora máis tarde debutará o Alevín A. O Benxamín A clausurará os amigables cos transportistas ás 13.00 horas.

Oito equipos, distribuídos en catro categorías entre prebenxamín e infantil (2 prebenxamíns, 2 benxamíns, 2 alevíns e 2 infantís) compoñen esta tempada a EDM EON Burela FS; este será o segundo ano que a escola conte cun conxunto integramente feminino, en infantil. En 2011-12, as categorías da base laranxa superan os/as 130 xogadores/as, cos cadros cadete e xuvenil, como formación do cadro sénior.

Liga Autonómica Cadete. O CD Burela FS xa desvelou o primeiro calendario de competición da base, será o cadete, que iniciará a competición autonómica o 29 de outubro recibindo o IES Coruxo Concello de Vigo. O conxunto laranxa terá que afrontar unha liga de 26 xornadas, que se prolongará ata o 12 de maio de 2012, con Mat. Del Atlántico O Parrulo, Vigo 2015 FS, CD Mare Nostrum FS, A Paz 03, ADFS Bueu, EDM Concello de Guitiriz, Barval FS, Colegio Liceo, CD Beade, Cidade de Narón, CDM Bembrive FS e Azkar Lugo.

Exit mobile version