Site icon Crónica3.com A Mariña

As promesas do PP para Cervo non se reflicten nos orzamentos da Xunta

Nota de prensa:
AS PROMESAS DE BALSEIRO NON SE REFLEXAN NAS CONTAS ORZAMENTARIAS PRESENTADAS POLOS SEUS COMPAÑEIROS DA XUNTA DE GALICIA

-Os socialistas destacan que o Concello de Cervo vese “perxudicado un ano máis nos presupostos do Goberno de Feijóo”

-Destacan que “obras tan importantes como o porto deportivo e a ampliación do pavillón do Galdín, recentemente anunciada, non están consignadas nestes orzamentos”

CERVO, 25 DE OUTUBRO. As contas presentadas polo Goberno de Feijóo para a toda a Mariña Lucense son as máis pobres da historia da Autonomía. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo subliñan que “o noso municipio vese perxudicado unha vez máis nos presupostos da Xunta de Galicia. As promesas do concelleiro e deputado popular, José Manuel Balseiro, non teñen validez ningunha, xa que non se reflexan nos orzamentos presentados”.

O Goberno Autonómico non consigna ningunha das promesas que aseguraba para o Concello de Cervo, mantendo a súa tónica habitual de actuar, “nada responsable e mostrando o pouco interese que teñen polo noso municipio”. Os socialistas poñen como exemplo desta mala xestión, “a construcción da famosa goleta. Un proxecto que se botou para atrás cando xa estaba licitado”.

Dende o GMS afirman que obras tan importantes como o porto deportivo ou a ampliación do polideportivo do CEIP nº1 non aparecen nestas contas. “É vergoñento que non haxa ninguna referencia ó porto deportivo, unha promesa xa feita polo anterior presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, anunciada varias veces por membros do PP e que segue sen realizarse. Vendo estes orzamentos, parece que seguen sen ter ningún interese na construcción desta infraestructura tan necesaria e esperada polos veciños”.

Polo mesmo camiño vai a recentemente anunciada ampliación do pavillón do Galdín, “unha obra presupostada nas contas do ano pasado e que non se fixo. ¿Vaise facer agora se nen sequera está presente nos orzamentos para este vindeiro ano? Non é lóxico que acaben de facer pública esta obra e non a reflexen nas contas. As nosas sospeitas de promesas electoralistas vanse demostrando pouco a pouco. O señor Balseiro queda en evidencia trala presentación destes presupostos, pois ningún dos seus compromisos está presente”.

Exit mobile version