Site icon Crónica3.com A Mariña

As traballadoras e traballadores de limpeza do Hospital da Costa debateran a situación do conflito polo Convenio

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA 13/10/2011

As traballadoras e traballadores de limpeza do Hospital da Costa debatirán en asemblea a situación actual do conflicto polo Convenio e novas medidas a adoptar.

As traballadoras e traballadores do servizo de limpeza do Hospital da Costa, dependente da empresa Samyl, S.L. convocaron unha asemblea para o vindeiro luns día 17. Nesa asemblea abordarase, por unha parte, o estado actual do conflicto e a valoración das concentracións diarias que dende o luns día 3 veñen realizando á entrada do Hospital. Por outra parte decidirase se se adoptan outras medidas e cal serían as mesmas, sen menoscabo de que se sigan realizando paralelamente as concentracións. Polo tanto, e en espera do que decida a asemblea, as traballadoras e traballadores seguirán concentrándose tanto mañá venres como o luns na entrada do Hospital, a iso das 10.30 da mañá, tal e como veñen facendo ata o de agora.

Exit mobile version