Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrouse en Lourenzá a II carreira popular “Val das Fabas

Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA ASISTIU Á SAÍDA DA II CARREIRA POPULAR “VAL DE FABAS”, EN LOURENZÁ

A carreira é un dos actos programados para esta fin de semana no concello con motivo da XXI Festa da Faba

LOURENZÁ, 1 de outubro de 2011. O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, asistiu hoxe á saída da II carreira popular Val de Fabas, que tivo lugar desde a praza do concello de Lourenzá. A vila celebra esta fin de semana a XXI Festa da Faba, declarada de Interese Turístico de Galiza desde o ano 2000 e cunha longa tradición e arraigo no lugar.

Ademais da carreira, cuxos premios se entregaron aos gañadores sobre as 19 horas, na tarde de hoxe tamén tivo lugar unha exhibición de baile deportivo e de salón, diversas actuacións e animacións de grupos, e o I Trofeo de Básket Feminino Faba de Lourenzá. Na xornada de mañá, celebrarase o mercado de Fabas e abriranse as casetas para la degustación, así como a Feira, o Centro de Interpretación da Faba e as exposicións, entre outras cousas.

Exit mobile version