Site icon Crónica3.com A Mariña

Celso Dourado participa nunha exposición colectiva na galería Axolotl de Edimburgo

Nota de prensa

CELSO DOURADO PARTICIPA NUNHA EXPOSICIÓN EN EDIMBURGO XUNTO A OUTROS ARTISTAS ESPAÑOIS. OS SEUS CADROS PODERÁN VERSE NA CAPITAL DE ESCOCIA ATA FINAIS DESTE MES.

Barreiros, 7 de outubro de 2011. A galería Axolotl de Edimburgo acolle durante todo o mes de outubro unha exposición de 13 artistas españois. Un deles é o barreirense Celso Dourado, que se amosa moi contento de poder participar nunha cita destas características.

Dourado explica que todo xurdiu “alá pola primavera pasada cando fun seleccionado para participar nunha exposición en Zaragoza xunto a outros artistas como novos valores da figuración na pintura. Nese momento chegáronme diversas propostas e de todas as plantexadas a de Edimburgo parecéume a máis axeitada. Propuxéronme estar alí nestas datas co gallo do festival das culturas na capital de Escocia, aceptei e estou encantado”.

A galería Axolotl mostra “unha selección de 13 artistas de todo o estado español, que se fixo atendendo á singularidade de cada obra. Os organizadores consideraron que para ser representativo de cada autor sería bó contar con catro o cinco obras por artista”, segue a relatar o artista barreirense. Celso Dourado enviou a Edimburgo “diferentes caras traballadas dunha forma bastante subrreal e cun tratamento de barnices tamén bastante diferenciado. Todas son dun tamaño mediano”.

A exposición estará aberta ata finais de outubro e será visitada o vindeiro día 12 polo cónsul de España en Edimburgo.

Celso Dourado amósase moi satisfeito da súa participación nesta exposición, “para min é moi importante, supón a primeira saída fora do estado español e tamén que te vas asentando no panorama artístico. O Eido Dourado tivo unha serie de resonancias e pouco a pouco se van recollendo froitos desta actividfade. Estou moi contento de participar en Edimburgo nunha exposición de características internacionais”.

Exit mobile version