Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo realiza obras en todo o concello dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación

Nota de prensa:
O CONCELLO REMATA DISTINTOS TRABALLOS DE MELLORA NO CAMIÑO DA PONTIGA, EN RÚA

Estas obras forman parte das actuacións programadas polo equipo de Goberno cervense ao abeiro do Plan de Obras e Servizos do presente ano

Consistiron na construción dunha ponte e dun drenaxe transversal neste vial que une os lugares de A Ruela e O Cristo.

O POS 2011 foi contratado por 49.266 euros e con el tamén se levaron a cabo senllas pavimentacións na rúa do Muíño (Cervo) e na Ponte Romana (San Ciprián)

Cervo, 14 de outubro de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, ven de anunciar o remate das obras levadas a cabo polo Concello no camiño da Pontiga, en Rúa. Os traballos consistiron na realización dun drenaxe transversal e tamén na creación dunha ponte neste vial que une os lugares da Ruela e O Cristo. Segundo precisou o rexedor, a nova ponte construíuse nun lugar “onde antes non a había” e con ela “facilitarase en gran medida o tránsito por este lugar”.

Con esta actuación na parroquia de Rúa finalizan as tres intervencións programadas polo Goberno local cervense ao abeiro do Plan de Obras e Servizos (POS) do ano 2011. Ademais desta actuación, o POS 2011 tamén abrangueu a pavimentación na zona da Ponte Romana en San Ciprián e na rúa do Muíño, no núcleo de Cervo. En total, a contía dos traballos feitos ao abeiro deste plan ascenderon a 49.266,24 euros.

O rexedor cervense dixo que o Goberno local vai seguir priorizando nas obras, investimentos e melloras que sexan máis necesarias.”En este caso acometinmos dúas obras en zonas urbanas como son os núcleos de Cervo e San Ciprián; e outra na zona rural, como foi a de Rúa… A nosa intención é continuar na nosa liña marcada dende hai anos e tentar que tódolos investimento-xa sexan propios ou procedentes doutras administracións- podan chegar a tódolos lugares do concello e dese xeito materializar obras en beneficio do conxunto dos nosos veciños” indicou o alcalde.

Exit mobile version