Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo solicitará a Fomento a mellora da seguridade do firme da N642

Nota de prensa

O CONCELLO SOLICITARÁ A FOMENTO A MELLORA DA SEGURIDADE DO FIRME DA N-642 AO SEU PASO POLO MUNICIPIO

Esta petición ven motivada tralas reiteradas queixas recibidas no consistorio por veciños que viven nas inmediacións desta vía de ámbito nacional

O Concello proporá como medidas para reducir a sinistralidade o resafaltado da via, a limpeza das zonas de recollidas de augas pluviais e a tala das árbores que se atopan preto da calzada

Cervo, 31 de outubro de 2010.- O alcalde, Alfonso Villares, anunciou que o Concello formulará unha petición formal ao Ministerio de Fomento para que mellore a seguridade do firme da estrada nacional 642 no seu termino municipal.

Segundo dixo o rexedor, esta petición ven motivada tralas reiteradas queixas recibidas no consistorio por veciños que viven nas inmediacións desta vía de ámbito nacional. “Nas últimas semanas existe certa preocupación nos veciños cuxas vivendas están preto desta estrada, sobre todo nas que se atopan no entorno do núcleo de poboación de Cervo, debido ao aumento de accidentes de tráfico e saídas de vía acontecidos neste trazado” indicou Villares. Por iso, o Concello dirixirase por escrito ao Ministerio de Fomento para propoñerlle que estuden cales son as causas que motivan este repentino aumento dos sinistros neste tramo e pedíndolle que adopten as medidas correctoras para minimizalos.

O alcalde sinalou que os accidentes prodúcense xeralmente nos días de choiva. “Por iso -dixo-, dende o Concello, consideramos que unha boa solución sería un novo asfaltado do firme mediante unha capa antideslizante. Ao mesmo tempo sería necesario que se acometera unha limpeza e un aumento das zonas de recollida de augas pluviais e a tala dos árbores que se atopan preto das marxes da estrada, sobre todo na zona onde existen taludes, o que evitaría a caída de árbores á calzada nos días de temporal”.

Villares reiterou que todas estas propostas ao Ministerio de Fomento “teñen como única finalidade a prevención de accidentes”.

Exit mobile version