Site icon Crónica3.com A Mariña

Comenza en Ribadeo a campaña “Un futuro por compartir en igualdade” organizada polo concello, CIM E OMIX

Nota de prensa

EN NOVEMBRO ARRINCA A VII EDICIÓN DA CAMPAÑA UN FUTURO POR COMPARTIR EN IGUALDADE, QUE ORGANIZAN A CONCELLARÍA DA MULLER, O CIM E A OMIX E NA QUE COLABORAN OS CENTROS DE ENSINO DE RIBADEO. HABERÁ CONTACONTOS, OBRADOIROS E O III CONCURSO DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS.

Ribadeo, 27 de outubro de 2011. O vindeiro mes de novembro arrinca a sétima edición da campaña Un futuro por compartir en igualdade, que organizan a Concellaría da Muller, o Centro de Información ás Mulleres, a Oficina Municipal de Información Xuvenil e na que colaboran os centros de ensino de Ribadeo: Colexio Gregorio Sanz, Colexio Sagrado Corazón de Xesús, IES Dionisio Gamallo Fierros, Porta da Auga e Ciclo de Formación Profesional Porta da Auga.

A campaña programa accións dirixidas a primaria, onde haberá contacontos ou actividades de animación a partires de xaneiro de 2012; en primaria están previstos obradoiros de coeducación para os días 10 e 11 de novembro, un denomínase Xogos e xoguetes e consiste en traballar os estereotipos de xénero nos xoguetes como ferramenta de socialización co obxectivo de cocienciar aos rapaces e rapazas no uso non sexista do xogo e dos xoguetes, e o outro obradoiro Igualdade…: verdadeiro/falso pretende promover o pensamento crítico a través da rutura dos estereotipos de xénero; e en secundaria desenvolveráse o III Concurso de Guións Cinematográficos Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade, que irá desde novembro ata marzo do vindeiro ano. No caso dos guións o alumnado terá para elaboralos do 16 de novembro ata o 12 de xaneiro, do 13 ao 23 dese mes de 2012 será o prazo de resolución para o xurado, o período de adaptación e rodaxe irá do 24 de xaneiro ao 3 de febreiro, despois terá lugar a edición e montaxe da curta gañadora do 6 ao 29 de febreiro e xa a principios de marzo será a presentación pública da curtametraxe.

A concelleira de Igualdade e Muller, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “posto que o 25 de novembro se celebra o día en contra da violencia de xénero pensamos que a mellor maneira de facelo é traballar sensibilizando, coeducando en relación con esta problemática”. A edil nacionalista subliñou que “a primeira e a segunda curta que elaboramos estes anos atrás están colgadas na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade, pedíunola o Concello para que se poida empregar como recurso e como material didáctico entre todas aquelas persoas que o desexen da nosa comunidade ou das comunidades veciñas”.

En clave de muller

Álvarez Latra explicou que “a Escola de Música de Ribadeo tamén está volcada e xa iniciou este proxecto o curso anterior como traballo da visibilización do que son as mulleres, fixemos unha edición En clave de muller, que tamén a Secretería Xeral de Igualdade está a utilizar como recurso de boas prácticas en diferentes congresos. En clave de muller é un concerto didáctico que versa sobre o coñecemento das mulleres na música, está feito pola Escola de Música en colaboración co CIM e o día 22 de novembro se presentará para toda a sociedade en xeral. No auditorio municipal ás 12 da mañá haberá unha actuación para os rapaces e rapazas dos centros de ensino e ás 20 horas para o público en xeral coincidindo co concerto de Santa Cecilia”.

A responsable de Igualdade e Muller engadiu que “ademáis os días 24 e 25 de novembro contaremos no noso concello coa presenza de Pamela Palenciano, actriz, locutora e muller que traballou moito sobre a sensibilización na violencia de xénero. Ela ten unha exposición de fotografías chamada No solo duelen los golpes, que vai estar en Ribadeo do 24 de novembro ata o 7 de decembro. A ubicación está por decidir. Imos completala con talleres para os centros de ensino pola mañá no Cine Teatro e para persoas adultas de 18 a 20 horas, que probablemente terán lugar na Casa das Letras, pero aínda está por concretarse”.

————————————

VII edición da campaña

Un futuro por compartir en igualdade”

ORGANIZACIÓN:

COLABORAN:

ACCIÓNS DIRIXIDAS A:

INFANTIL:
Contacontos ou actividade de animación : a partir de xaneiro de 2011.

PRIMARIA:

Obradoiros de Coeducación:

SECUNDARIA:

III Concurso de guión cinematográficos :   “Cine nas aulas para a promoción da corresponsabilidade ” : Novembro 2011- Marzo do 2012

Cursos: 1º, 2º, 3º  e 4º da ESO e ciclos formativos.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á SECUNDARIA

“Promovendo a igualdade”

CONCURSO DE GUIÓNS CINEMATROGRÁFICOS

“Promovendo a corresponsabilidade

ÍNDICE

1. Denominación da acción

2. Fundamentación

3. Obxectivos

4. Estrutura do proxecto

5. Temporización

6. Alumnado destinatario da intervención

7. Metodoloxía

8. Medidas para garantir a calidade dos traballos.

9. Avaliación

1. DENOMINACIÓN DA ACCIÓN

“CONCURSO DE GUIÓNS PROMOVENDO  A CORRESPONSABILIDADE”

A actividade consiste na realización dun concurso de guións para empregar o cine como unha ferramenta didáctica para a promoción da corresponsabilidade, utilizando para isto,  ideas innovadoras arredor do reparto equitativo de tarefas.

2. FUNDAMENTACIÓN

O  cine preséntase como unha das  mellores ferramentas de  aprendizaxe, para a coeducación, elaboración e difusión de materiais coeducativos orixinais, e programas innovadores, creouse non só para divertir e entreter, senón para educar e concienciar

a cidadanía.

A finalidade do programa que aquí se esboza é sensibilizar á mocidade na asunción                    das responsabilidades domésticas e familiares.

Así  pois, a elaboración dun guión cinematográfico supón unha ferramenta didáctica moi interesante para a promoción da igualdade, xa que dende a perspectiva de que o alumnado no seu proceso de creación estase preguntando en cómo transmitir unha mensaxe didáctica que chegue ao resto da comunidade educativa, o que por un lado fortalece as súas propias conviccións e por outro promove valores e actitudes positivas para a súa responsabilidade nas labores do fogar.

Polo tanto, consideramos fundamental aproveitar este potencial creativo como instrumento para  fomentar  a  igualdade  nos  fogares,  que  cristalice  finalmente  na elaboración dun material didáctico de uso efectivo nos centros educativos e de prolongación as familias, a través dun recurso feito polo alumnado para estender o seu uso ao alumnado de secundaria, dando un soporte ao profesorado no momento de abordar o traballo da promoción da igualdade de oportunidades na aula.

Ademais, consideramos que dende a potenciación de procesos verdadeiramente participativos, podemos  crear  as  condicións  didácticas  necesarias  para  que  o alumnado adquira as competencias básicas no seu proceso de desenvolvemento persoal, de cara a asentar unha verdadeira educación para a igualdade que teña

incidencia real nos seus hábitos e comportamentos cotiás.

3. OBXECTIVOS

4. ESTRUTURA DO PROXECTO

O Proxecto “PROMOCIÓN DA CORRESPONSABILIDADE“, consta dunha serie de fases até a creación do material didáctico audiovisual final. Cada unha destas fases, adquire unha relevancia fundamental para a obtención final dun material didáctico de calidade, que sexa óptimo para o profesorado e alumnado na promoción da igualdade de oportunidades.

1.  Proceso   de   Comunicación  aos   centro   educativos.  Presentación  do concurso nos IES do Concello de Ribadeo para constatar a súa participación no Proxecto.

2.  Obradoiros en Aula. Previamente aos obradoiros, resulta esencial organizar co centro educativo os tempos onde desenvolver os obradoiros, que serven para explicar o

concurso (as súas bases)   e a técnica de elaboración dos guións ao alumnado. Os obradoiros terían unha duración de unha hora.

3.  Elaboración de guións por parte do alumnado. Nesta fase do proceso, o alumnado pode contar co apoio do profesorado (se considera a actividade de interese), e do equipo técnico do programa, que establecerá unha serie de sesións intermedias de apoio para asesorar ao alumnado nas súas dúbidas durante o proceso de creación. Estas sesións de apoio serven para axustar a nivel conceptual e actitudinal o enfoque que o alumnado ofreza na súa relación coa temática da igualdade de oportunidades, e baixo que perspectiva guía a trama do seu guión.

4.  Período de Resolución. Un xurado composto por persoal experto en xénero e membros/as do Concello de Ribadeo, participarán  na determinación do guión gañador do Concurso. A comunicación o centros irá acompañada da entrega de premios.

5.  Período de Adaptación do guión e Rodaxe. O equipo técnico do programa fará as axustes necesarias, co alumnado autor do guión. A hora de participar o                    centro na iniciativa, deben de ter en conta que debe de ofrecer todas as facilidades posibles para  o  período  de  rodaxe,  creando  espazo  e  tempos necesarios para o mesmo, coa participación do alumnado.

6.  Edición e Montaxe da Curta gañadora do Concurso.

7.  Presentación Pública da Curtametraxe na que participan todo o alumnado do centro educativo participante.

8. Elaboración da Parte didáctica vinculada á Curta-Documental.

5. TEMPORIZACIÓN

O seguinte cadro amosa unha estimación dos procesos do proxecto, e a súa proposta temporal, que irá concretándose a medida que avanze o proxecto.

A parte didáctica teríase que presentar a posteriori, xa que se precisaría ter elaborado a curtametraxe para desenvolver os contidos.

6. ALUMNADO DESTINATARIO DA INTERVENCIÓN

Alumnado de 1º, 2º, 3º  e 4º de ESO dos IES Dionisio Gamallo Fierros, Sagrado

Corazón, IES e FP Porta da Auga do Concello de Ribadeo.

7. METODOLOXÍA

A metodoloxía basease na participación activa do alumnado no proceso de construción dun material didáctico dirixido á promover a igualdade de oportunidades. Polo tanto, adquire enorme transcendencia o establecemento de dinámicas de traballo que fomenten a creación grupal, e a participación efectiva do alumnado no proceso creativo,  de  cara  a  transmitir  valores  igualitarios,  e  destrezas  específicas  para xestionar a relación do/da adolescente coa temática de xénero.

Polo tanto, favorecemos dende unha perspectiva constructivista, que o  alumnado incida no seu proceso de ensino-aprendizaxe.

8. MEDIDAS PARA GARANTIR A CALIDADE DO PROXECTO

Establecéranse medidas que permitan facer un seguimento continuo do proxecto e garantir a súa calidade.

En concreto, cabe mencionar as seguintes:

ACTIVIDADES DIRIXIDAS  A PRIMARIA

Obradoiros de coeducación

1. INTRODUCCIÓN: “OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN”

Unha das alternativas coeducativas máis globalizadoras e útiles para compensar as desigualdades socializadoras respecto do rol sexual, son os obradoiros na aula. Con estes obradoiros  podemos desenvolver un amplo abano de actividades para proporcionar sensibilización desde idades moi temperás. Os obradoiros son, a súa vez, un instrumento dinamizador co que levamos a cabo a nosa práctica.

2. OBXECTIVOS

Os  obxectivos desta proposta serán os seguintes:

3. CONTIDOS DOS OBRADOIROS

Obradoiro: “XOGOS E XOGUETES

Destinado a: 2º Primaria

Actividades.

Reflexión previa sobre os xogos e xoguetes. Traballo en grupo con ficha. Conclusións da actividade. Proxección de vídeo (2 minutos) para reforzar o traballado.

Obradoiro:  “IGUALDADE…: VERDADEIRO/FALSO

Destinado a: 4º e 6º Primaria.

Actividades:

4. CRONOGRAMA ACTIVIDADES PRIMARIA E SECUNDARIA

Datas Colexio Gregorio Sanz Colexio Sagrado Corazón de Xesús IES Dionisio Gamallo Fierros IES Porta da Auga
Xoves 10 de novembro 2º  de Primaria 12.00h-13.00h

4º  de Primaria

15.00h-16.00

6º  de Primaria

16.00h-17.00h

SECUNDARIA:3º  da ESO

13.15-14.30h

Venres 11 de novembro SECUNDARIA:2º  E 3º da ESO

10.10h-11.00h

SECUNDARIA:Obradoiros na aula:

1º  e 2º ESO: 13.15h- 14.05h

Luns 14 de novembro 6º  de Primaria: 12.00h-13.00h

4º  de Primaria:

15.00h-16.00h

2º  de Primaria:

16.00h-17.00h

SECUNDARIA:Obradoiros na aula:

3º e 4º ESO:

9.50h- 10:40h

Martes 22 de novembro PRIMARIA:5º  E 6

11.00h- 12.30h

Concerto da Escola de Música

En clave d Muller

SECUNDARIA:1º  E 2º ESO

11.00h- 12.30h

Concerto da Escola de Música

En clave d Muller

SECUNDARIA:1º  E 2º ESO

11.00h- 12.30h

Concerto da Escola de Música

En clave d Muller

SECUNDARIA:1º  E 2º ESO

11.00h- 12.30h

Concerto da Escola de Música

En clave d Muller

Venres  25 novembro Obrad.

Pamela Palencian

SECUNDARIA:3º ESO e 4º ESO

9.00h- 11.00h

Obrd. Violenc de xénero

SECUNDARIA:3º ESO e 4º ESO

9.00h- 11.00h

Obrd. Violenc de xénero

SECUNDARIA:3º ESO e 4º ESO

9.00h- 11.00h

Obrd. Violenc de xénero

Os Talleres de Violencia de xénero impartidos por Pamela Palenciano, veñen acompañados dunha exposición “No sólo duelen los golpes” que estará na Casa das Letras desde o día 24 de novembro até o día 7 de decembro.

Exit mobile version