Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración fronte ao Parlamento de Galicia contra a corrupción urbanística

Nota de prensa

Este vindeiro martes día 11, no pleno do Parlamento de Galiza vaise discutir unha proposición non de lei para que a Xunta denuncie o convenio urbanístico de Barreiros que vai desbaldir 14 millóns de € dos cartos públicos en tapar os buratos das construtoras. Tras a retirada por parte de Feijóo dos recursos contra as licenzas ilegais outorgadas polo concello de Barreiros en 2006, e a aprobación por parte a Xunta do PP do Plano Sectorial que pretende legalizar o ilegalizábel, a lexislación urbanística en Galiza fica baleira de contido e pasa a ser substituída pola arbitrariedade do Sr. Conselleiro.
Acude á concentración deste vindeiro martes día 11 ás 10:30 h fronte ao Parlamento de Galiza, para defender o URBANISMO LEGAL fronte ao “URBANISMO REAL” (isto é a corrupción, o amiguismo e a arbitrariedade) de Hernández e Feijóo.
Durante a mañán, e logo do debate da proposición no Parlamento á que asistirán en directo representantes de ADEGA e “Máis talento, memos cemento” atenderemos ás preguntas dos medios.

ESIXIMOS RESPECTO PARA AS LEIS E PARA O NOSO TERRITORIO

URBANISMO “REAL” = CORRUPCIÓN
URBANISMO “REAL” = TI VAI FACENDO
URBANISMO “REAL” = ARBITRARIEDADE
URBANISMO “REAL” = DESFEITA AMBIENTAL

Exit mobile version