Site icon Crónica3.com A Mariña

Constituíron por terceira vez o Consello Municipal das Mulleres do concello de Ribadeo

Nota de prensa

QUEDOU CONSTITUIDO EN RIBADEO O NOVO CONSELLO MUNICIPAL DAS MULLERES.

Ribadeo, 31 de outubro de 2011. Hai uns días quedou constituido por terceira vez o Consello Municipal das Mulleres do Concello de Ribadeo. A presidenta é a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, e a vicepresidenta, Mª del Mar González.

Desde a Concellaría de Igualdade lembran que “no ano 2005 creábase o Consello Municipal das Mulleres do Concello de Ribadeo. Desde aquela, son moitas as persoas que teñen participado neste órgano. A todas elas, queremos agradacerlles a súa colaboración e as súas aportacións e o seu compromiso pola procura dun Ribadeo en igualdade”. Segundo o establecido no regulamento neste órgano, cada vez que hai eleccións municipais o Consello ten que disolverse e hai que constituilo de novo.

Hai uns días quedaba constituido por terceira vez este órgano de participación cidadá. Nomeáronse 32 persoas titulares (máis cerca de 25 suplentes). Superouse o número de persoas que van conformar este organismo e aínda hai algunha parroquia que ten pendente o nomeamento das vogais. No aspecto cuantitativo sobrepasouse ao ocorrido noutras lexislaturas, “e agora temos que dar un paso máis a hora de traballar, e de facer propostas desde o Consello”.

Nesta terceira época do Consello Municipal das Mulleres “queremos que sexa un órgano onde a participación emane da base, do conxunto de persoas que o integran. Estes anos pasados caracterizarónse por unha participación moi boa, en canto a asistencia ás xuntanzas. Arredor do 75% das vogais asistían a eses encontros, pero faltaba esa participación máis activa, en canto, a iniciativas xurdidas desde as propias entidades representadas. Teñen que ser as vogais as que propoñan e suxiran actividades para o noso Concello. E nese sentido, traballaremos nesta nova andaina”.

Na sesión contituínte, celebrada hai uns días, elixirónse as coordenadoras das comisións que integran o Consello, e máis a vicepresidencia, que recaeu na representante de saúde Mª del Mar González. A presidencia do Consello, recaeu na concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, “impulsora deste órgano desde o seu inicio”.

Exit mobile version