Site icon Crónica3.com A Mariña

Douscentos veciños de xove participarán nos obradoiros de tempo libre do Concello

NOTA DE PRENSA.-
200 PERSOAS DE XOVE VAN PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DE TEMPO LIBRE DO CONCELLO

Onte pola tarde, no Salón de Actos do Centro Cívico tivo lugar a reunión coas persoas inscritas nos Obradoiros de Tempo Libre ofertados pola Delegación de Servizos Sociais, Xuventude e Muller a persoas maiores de 18 anos. A reunión foi convocada pola Concelleira de Servizos Sociais co fin de organizar os diferentes grupos de cada actividade.

Os obradoiros ofertados son: Bolillos, Bordado, Ioga, Baile de Salón e Informática; destes 5 obradoiros os catro primeiros son de longa duración, ousexa, van durar todo o ano, sendo o de informática de menor duración.

Das 200 persoas anotadas nos mesmos, o máis demandado foi o de ioga con 65 persoas anotadas, seguido polo de baile de salón con 40. O de informática, que xa comezou esta semana e está sendo impartido na OMIX, conta con 30 inscritos, distribuidos en tres grupos, dous en horario de mañá e un de tarde.

Doutra banda, e continuando con actividades dirixidas a maiores de 18 anos, o vindeiro mércores 19 de outubro terá lugar na OMIX un OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL, onde se tratarán contados como as técnicas e ferramentas de busca de emprego e a entrevista de traballo. Para informarse e inscribirse neste obradoiro, hai que dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Exit mobile version