Site icon Crónica3.com A Mariña

Establecementos burelaos agasallarán a súa clientela con invitacións o CD Burela FS Pescados

Nota de prensa

OS HOTEIS PALACIO DE CRISTAL, NORDÉS E SARGO REGALAN ESPECTÁCULO LARANXA

Durante o mes de outubro os hoteis Palacio de Cristal, Nordés e Sargo regalarán espectáculo futbolístico de elite, espectáculo laranxa. A partir desta semana, os establecementos burelaos agasallarán a súa clientela nas ceas dos venres ata finais de mes con invitacións para gozar co xogo do CD Burela FS Pescados de cada xornada: Burela FS-UA Ceutí, día 15, Segunda División Masculina; Burela FS-Natudelia.com Zaragoza, día 22, Primeira División Feminina; e Burela FS-Playas de Castellón, día 29, Segunda División Masculina.

Radio Burela. Os oíntes da emisora municipal burelense (107.7 FM) tamén poden conseguir a súa entrada laranxa os luns, na ‘Tertulia de Fútbol’ (20.30 horas), e os mércores, no Taboleiro de Premios da ‘Mañá da Mariña’ (12.00 horas).

Exit mobile version