Site icon Crónica3.com A Mariña

Estradas en Lourenzá

Estradas en Lourenzá

Vexo con satisfacción o relatorio de obras que vai acometer a Deputación de
Lugo, na provincia, e paréceme moi ben. É onde ten que gastar o presuposto,
e non en obras ou proxectos que non son da súa competencia: asilo de Foz ou
céspede artificial do campo de futbol.
Boto en falta o arranxo dun badén na estrada que vai de san Xorxe a Canedo
en Lourenzá, e que calquer día pode ocasionar unha desgraza. Non sería a
primeira vez que a Deputación, ten despois que indemnizar por accidentes
provocados polo mal estado das “súas” estradas. Esperemos que non se
produzan vítimas e veñan logo as lamentacións. Algo que ocorre con
frecuencia no país.

Brais

Exit mobile version