Site icon Crónica3.com A Mariña

Farto dos tópicos sobre os funcionarios

Farto dos tópicos sobre os funcionarios

Son funcionario na sanidade, pai e usuario do ensino publico. Hai unhas horas unha lectora aproveita o feito de que unha nai que opinaba contra a politica no ensino da Xunta fora nas listas do PSOE hai tempo, para botar por terra o argumentario desta nai ben estruturado e razoado. Vaia por diante que estou profundamente en desacordo coa política da Xunta no ensino, isto resolveríase rapidamente deixando de subvencionar (hai que foderse eles que tanto cacarexan que o das subvencións son unha lacra, engaden miles de millóns no ensino privado !), subvencionar SI o ensino privado po la vía dos concertos. A carta da denostada ex concelleira (que pasa, tampouco podemos presentarnos nunhas listas electorais por que xa perdemos toda lexitimidade?), explica con detalle o desatino desta Xunta, é certo. Pero o que me pon doente e que de rondón esta persoa que a contesta, reescrebedora da historia e xustificadora da desbrozadora no publico, volve coa teima de que os funcionarios somos uns privilexiados.
Estou farto. Estamos sempre co mesmo. Gañar unha oposición non e un privilexio, pódese presentar calquera con mais de 18 anos, traballar cun salario que sae publicado no DOG e que como consecuencia cada mes de xuño trae consigo un importe exacto do IRPF non e un privilexio e un deber; cumprir rigorosamente o tempo de traballo non e privilexio, traballar para o mellor ben do publico, e nas
condicións progresivamente mais precarias que nos impoñen reducindo os salarios paseniñamente e poñéndonos diariamente en solfa, non é privilexio.
Privilexio e a dos tipos de NCG banco ou como se chame neste momento (e de momento), de retirarse con soldos abusivos; (por certo non é xubilación que todos eles andan xa noutro chollo ben lucrativo), ou os que contrataron a Cidade da Cultura por 10 e agora queren que paguemos 1000 e ademais indemnizar as empresas que non van a seguir co mausoleo, eses van irse de rositas sen dar explicacións de onde van os cartos. Os do PP e o PSOE perderon a oportunidade de reformar a constitución para que se incluíra algo coma “Limite de paro” no canto do “limite de endebedamento”, esa sí sería unha Reforma como e debido e non para achicar cartos do realmente necesario. E unha calamidade esta política do Estado e a Xunta do “009? (licenza para matar… o galego) que deixan sen traballo a moreas de cidadáns, pero ter traballo non é un privilexio, é un dereito que o goberno central e o da xunta nos están escatimando, e exercelo dende a función publica e unha satisfacción, en sanidade e no ensino. Non é culpa dos funcionarios nin apretarnos mais e mais é a solución. Esixir os nosos dereitos non é un privilexio tampouco, ou é que queren que traballemos po la patilla e para calquera outra cousa menos para o que quitamos a oposición?. Dígannos que temos sorte por traballar ou que estamos contentos por ter traballo pero por favor rematemos dunha “p. vez” co de sermos privilexiados por ser funcionarios. E non nos veñan que asfixiarnos e asfixiar ós docentes é a maneira de salvar o ensino público. Xa abonda da caza o funcionario e botar culpas de insolidario e privilexiado; calquera día enterámonos de que os que pilotaban os avións do 11S ou puxeron as bombas do 11M tamén eran funcionarios……

Iago Villamil

Exit mobile version