Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa da faba

Festa da faba
Hai uns días sentín moita vergoña, propia e allea, escoitando ao sr.
Alcalde de Lourenzá, falando na SER dos actos, que na honra a don Paco del
Riego, se ían a celebrar en Lourenzá , a súa vila natal, e máis a miña:
estaba a falar en castelán, para  lembrar a un persoeiro da categoría do
escritor, lingüista i editor dos máis importantes da Galiza dos últimos
tempos.
Qué mágoa e tristura me deu comprobar a pouquiña sensibilidade dun
representante público, que cando fala, ten que darse conta, representa aos
cidadáns do seu pobo, e ten que esquecerse das consignas dos seus xefes de
partido, que por desgracia, están por acabar co galego e todo o que teña
que ver coa identidade dun país.
Noutro orde de cousas, pedirlles aos responsables de ordenar os desvíos, con
motivo da festa da faba, que pensen un pouco máis: o día 30 de setembro
pasei por Lourenzá, e na entrada o desvío, indo da Mariña, había uns
bos  atascos, por non ter previsto a prohibición  de aparcar nesa rúa de
comezo do desvío.

Lourenzo

Exit mobile version