Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz celebrou o Día da Biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal de Foz celebrou o venres día 28 de outubro, o Día da Biblioteca coa actuación de “Os contos de Pablísimo: contos con ovos”, unha sesión estupenda para pais, nais e nenos de 4 a 6 anos. Un percorrido por varios contos relacionados cos ovos, as galiñas e o cuidado do nosos medioambiente. Esta actuación está incluída dentro da Programación de Outono da Biblioteca dentro do programa Contos de Outono.

Exit mobile version