Site icon Crónica3.com A Mariña

Guille segue sumando na Conferencia Norleste da liga Nacional de Billarda

Nota de prensa

2ª xornada da LNB 2011.2012 Conferencia Norleste. Guille segue sumando

O segundo asalto da liga regular na conferencia NorLeste, despois dun espectacular arrinque no peirao de Burela, fixo que no cantón de Lourenzá se vivise o domingo unha festa billardeira que non se esquecerá perante moito tempo. A serpe multicor da LNB serpenteando polos campos xa valeiros de fabas, ensinou os dentes guiada polo esprito do nunca esquecido Lois Trigo “O Gardarríos” quen de seguro estivo entre todos nos ollando con ledicia o desenrolo do xogo.

Medrou a participación con respecto a 1ª xornada que xa fora moi concurrida e o nivel dos palanadores sube como o “Escumoso Bieiteiro”. Sobresainte a representación de A Pontenova cos Paus de Toxo que debutaban e ficaron por riba das Troitas Bravas. Equipos que amiazan con dar moita guerra no vindeiro asalto, contan co factor campo e pensan que pode ser determinante para dar a sorpresa, xa se verá si lles vale de algo.

Guille de Os Outros sigue intratable, fixo de novo pleno e ainda que desta volta tamén Reyes, compañeira de equipo e actual “Campiona Nacional” acadou a máxima puntuación, no desempate tivo que rendirse ante a billarda sambeira do brasileiro. Disque Reyes se viu perxudicada por mor de que nun lance do xogo a súa billarda favorita foi parar a balcoada do Concello e alí quedou ollando o desenlace das carreiras de desempate. Na primeira carreira das dúas a disputar polo primeiro posto porduciuse un empate e na segunda Reyes tivo tamén o empate na man, mandou a billarda contra o varal con forza, pero petou nun poste e brincou fora da pista; daquela o seu compañeiro e rival aproveitou para marcar e rematar gañando a carreira. A sorte dos Campións?, pode ser, pero Guille acada o seu segundo trunfo consecutivo na liga regular (tamén foi o vencedor no abertiño-adestramento do vermú de Remourelle). Cousa rara nil, hoxe non fixo ningún varado.

Destacada foi tamén a participación de Bixi do Ekipa-Bitere-M.F. que a piques estivo de subir o caixon dos gañadores, loitou polo 3º posto con Luis (Bateas) e Markytos (Billardiros Musicais) pero foi o veterán Billardeiro Musical quen puxo o ritmo e cantou victoria. Acadaronse un total de cinco varados e a xornada rematou ca entrega de premios na que o ciclista galego Rubén Sanchez fixo os honores entregando agasallos para os tres primeiros e un representante da marca “Veiga do Curral” de Santo Adrao de Lourenzá fixo a entrega de un saqueto de fabas para Guille de Os Outros como gañador do Aberto. Salientar que Reyes lanzou un chamamento xeral para que lle sea devolta a billarda que embarcou no balcon do Concello.

A vindeira xornada en A Pontenova o día 29. Agardamos seguir medrando.

Clasificación:
INDIVIDUAL: Guille 20 puntos
Markytos 18 id.
Reyes 17 id

EQUIPOS: Os Outros 65 puntos
Billardeiros Musicais 62 id.
Bateas 53 id.

VARADOS: Guille 2 varados
Bixi, Eric, German Rececende,
Juan, Muriego, Regueiro e XanRo 1 id.

Exit mobile version