Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguran un taller de memoria en Lourenzá destinado ao maiores

Nota de prensa:
A boa acollida desta actividade fai que este ano haxa preto de 50 alumnos logo de incrementarse en relación ao curso pasado.

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS, EMMA ALVAREZ INAUGURA O TALLER DE MEMORIA E PRESENTA O PROGRAMA PARA ESTE CURSO

A celebración do magosto, das festas de Nadal e Entroido, así como os concursos de cantigas populares ou cartas de amor, entre outros completan o cartel anual.

Como novidade, entre os alumnos interesados na tarde dos luns ensaiarase unha obra de teatro.

Como ven sendo habitual a tarde dos luns de 4 a 6 o Centro Social O Torreón permanecerá aberto para que os maiores disfruten da compañía uns dos outros ao redor de distintos xogos de mesa

Lourenzá, 22 de outubro do 2011.- A concelleira de Servizos Sociais laurentina, Emma Alvarez, acompañada da Educadora Familiar e a Animadora sociocultural inauguraron o taller de memoria que se celebrará este curso.

Logo de incrementar o número de alumnos ata chegar case aos cincuenta, distribuíronse os interesados segundo a idade e a destreza, e como non podía ser doutro xeito tendo en conta a vontade dos alumnos, en tres talleres que con unha hora e media de duración se celebrarán no Centro social “O Torreón dos Frades” os mércores e xoves a tarde.

Entre as actividades programadas para este curso destacan por primeira vez a celebración dun magosto, as xa tradicionais festas de Nadal e Entroido, un concurso de cartas de amor có gallo do día dos Namorados, un concurso – recital de cantigas antigas có gallo das letras galegas e mesmo unha representación teatral por parte dos propios alumnos interesados neste taller específico que por primeira vez se fará no marco destes talleres.

A Concelleira quixo “Recordar aos maiores do noso concello, que como ven sendo habitual a tarde dos luns de 4 a 6 o Centro Social O Torreón permanecerá aberto para que os maiores disfruten da compañía uns dos outros ao redor de distintos xogos de mesa”.

Exit mobile version