Site icon Crónica3.com A Mariña

Inmorais

INMORAIS
Hai que ser moi inmorais para cobrar do erario público case 7 millóns de euros, e aos catros días, querer despedir 100 traballadores. Esas subvencións recibidas non teñen condicións? Non se pide ou esixe nada a cambio? Ou todo queda en nada, coma pasou recentemente en PARDIÑAS en Fazouro. Unha empresa na Mariña, que colleu unha boa época da construción e foi o desastre. Quen tiña que controlar os cartos públicos.
Agora repítese en HERMIDA de Lourenzá? Inmorais son os directivos dos bancos que cobran esas indemnizacións millonarias e levan a ruína as caixas, para despois que teñamos que axudarlles os contribuíntes. Que brincadeira e esa ?
Inmoral a actitude dalgunha deputada autonómica que fala de demagoxia pola manifa dos traballadores de HERMIDA, que están exercendo o seu dereito a defender o posto de traballo, mentres ela cobra 6000 eurazos ao mes? Claro non gosta que se vexa nos medios, aínda coa censura e todo. Tamén saíu o trato que recibiron os gandeiros, cando o das vacas tolas, para min, despois daquilo, os gandeiros ou labregos que botan o PP teñen moi pouca dignidade.
Foi insultante, tratar as xentes con algunha vaca enferma coma terroristas, cun despregue de forzas moi inapropiado.
Sóubose quen eran as empresas responsábeis dos pensos causantes daquel mal? Aí calaron e non fixeron mostra da mesma propaganda, verdade?
Inmoral é ver como se malgastan os cartos neste país, e logo recortan en Educación, Sanidade ou Benestar. Ata o mesmo Conselleiro de Educación recoñeceu que había 800 profesores menos, neste curso. Outros cálculos máis fiables falan de máis de mil, das xubilacións que non se cubriron.
Iso a pouco que se pense, vai repercutir negativamente na calidade do ensino, se engadimos os miles de euros que lle soltan a privada, temos un panorama dun capitalismo moi salvaxe. O que pasou con ese modelo xa se viu e estanse a ver as súas consecuencias nos E.E. U.U.e no Reino Unido, herdanza de Thatcher e Reagan.
Inmoral e indignante resulta o feito de que se gasten miles de millóns de euros en armas, fragatas, etc mentres comezan os recortes en comedores escolares ou hospitais.
Como tamén e inmoral que con 4.300.000 parados aínda hai persoas ocupando 7 ou máis cargos como é o caso do alcalde do Barco de Ávila.
Por último teñan a coraxe na Xunta de eliminar o plus dos altos cargos, ese complemento que aprobaron cos votos dos tres partidos, para que cobrasen despois de cesar no seu posto. É vergoñento, en Estremadura xa o suprimiron, cando na Galiza.

Lourenzo

Exit mobile version