Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de trinta bares e restaurantes de Foz participarán na Festa da raia

Nota de prensa:
MÁIS DUNHA TREINTENA DE BARES E RESTAURANTES DE FOZ PARTICIPARÁN OS DÍAS 4 E 5 DE NOVEMBRO NA FESTA DA RAIA, QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS.

Foz, 21 de octubre de 2011. Máis dunha treintena de bares, mesóns e restaurantes de Foz participarán na festa da raia, que se celebrará os días 4 e 5 de noviembre, organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “a raia poderáse degustar durante eses dous días preparada de moitas formas, en caldeirada, frita, á galega, ao forno, ao pimentón… todo dependerá da creatividade dos 33 hostaleiros que estarán nesta cita”. O prezo da ración será de 5 euros.

Esta nova festa gastronómica está organizada pola Asociación de Comerciantes e conta coa colaboración da Confraría de Pescadores de Foz, da Deputación Provincial de Lugo, do Concello de Foz, do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, da Consellería do Mar e do Fondo Europeo de Pesca.

ACIA Foz asinou hai uns meses un convenio coa Confraría de Pescadores para potenciar e promocionar o peixe e o marisco que capturan os barcos desta zona.

Os locais que participarán na festa da raia o 4 e 5 de novembro son: A Caracola, A Funcional, A Maseira, A Quinta, A Bolera, Acuario, O Taco, A Dala, Anduriña, Dallas, Happydays, May-Ros, Xoima, O Rincón de Anita, Fina, Internacional, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, Namarinos, O Náutico, O Pelolo, O Salao, O Tangarte Mariñeiro, A Soalta, Xoiña, Costumes do Mar, Dandy, O Lar, O Mar e Portochico.

Exit mobile version