Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariano Rajoy está rosmón

MARIANO RAJOY ESTÁ ROSMÓN

Mariano Rajoy está rosmón, dá a sensación de pasar apuros desde que ETA anunciase o cesamento do fogo definitivo. Moderou o seu discurso pero non logra evitar que a dereita do PP desentoe e desafine.

Jaime Mayor Oreja encargouse de abandeirar a discrepancia. O ex-ministro do Interior e ex-candidato a lehendakari, fai valer a súa voz no PP para desgusto do candidato.

Mariano Rajoy estivo áxil cando ETA rompeu a aparente calma política. Soubo conterse. E aínda que as súas posicións, de súpeto, fóronse dulcificado substancialmente non consegue encarrilar aos seus correlixionarios.

Todo isto ocorre mentres a esquerda “abertzale” maniféstase na rúa proclamando a súa causa. Pensan, con razón, que o 20-N é unha oportunidade irrepetible para adquirir unha forza política que non coñeceron até agora e que pon moi nerviosos aos do PNV.

En gran medida, mediáticamente están a rendibilizar o actual escenario. Aparecen como o lado flexible da banda terrorista. Como os auténticos pacifistas que tutelan aos etarras cara ao bo camiño. Non é certo. Pero conseguiron que o pareza.

A política antiterrorista é competencia do Goberno central. Que pensa facer o PP se vence nas eleccións? A incógnita non queda despexada.

É importante esclarecelo, sobre todo, cando o independentismo vasco terá, a recado, considerable e ruidosa presenza no Congreso dos Deputados.

Á súa vez, o lehendakari é socialista e, por tanto, os populares non poden actuar sen obviar ao Executivo autonómico.

En calquera caso, en termos electorais a pacificación do conflito non reportará grandes réditos. Para empezar, porque o terrorismo xa non é unha das principais preocupacións da cidadanía. As enquisas do CIS mostran que relegaron este tema moi por detrás da economía, o desemprego e o descrédito prolongado e crecente da política a xuízo da sociedade.

Os seguintes anos serán fundamentais para xestionar esta andaina que acabamos de comezar. Esta etapa non será sinxela. Haberá reveses e desgustos. Agora ben, é irreversible.

En fin, o próximo presidente do Goberno terá tragos duros que afrontar. E Mariano Rajoy, en caso de gañar, non sabe a maneira de canalizalos, á vez, que dubida seriamente de se poderá solicitar o apoio sensato dos seus compañeiros de filas.

Otero Regal

Exit mobile version