Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrarase un concurso de cabalos de arrastre por primeira vez nas San Lucas en Mondoñedo

Nota de prensa

A comisión de feiras de San Lucas está cos ultimos retoques da programación pero podemos ir adelantando todo o relacionado ca Feira de Gando e cos numerosos concursos relacionados co mundo dos cabalos que se van a realizar.

FEIRA DE GANDO TRADICIONAL, que coma todos os anos se celebra o 18 de outubro, ete ano un Martes dende as 8.30 horas no Campo dos Paxariños ou tamen máis coñecido como campo da Feira. 5.510euros en premios, e a entrega sérá alí mesmo a 13.30horas.

Tamen se vai realizar ese mesmo dia pola tarde as 17.30 tamen no campo dos Paxariños un CONCURSO DE ANDADURA GALEGA nas modalidades Serrada e Chapeada. haberá 4 premios de: 1º 100, 2º 60, 3º 50 e 4º 30 euros para cada unha das modalidades e unha medalla.

O mercores, 19 haberá por primeira vez farase UN CONCURSO DE CABALOS DE ARRASTRE, será tamé no Campo dos Paxariños.

O Domingo, 16 celebrarase as 12.30horas A GRAN FINAL DA COPA GALICIA DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA, un ano máis vaise celebrar en Mondoñedo esta gran final e tamen se repartirán numeros premios como 1º 120, 2º 70, 3º 50, 4º 30 e 5º 30 para a sección de “Sementais maiores de 3 anos” e os mesmos para a sección de “Eguas maiores de 3 anos” . Será no Recinto da Granxa en pista de terra. tamen se fará aqui en Mondoñedo a Entrega do Trofeo Institucional “Gran Premio de Excma. Diputación de Lugo”Vicepresidencia Primeira e ademais da donación que a Asociación Pura Raza Cabalo Galego donará como recoñecemento o esforzo dos gandeiros criadores do Cabalo Galego da Sección de Sementais serán 600 e na sección de eguas serán 400euros.

As 18.00 horas haberá tamen unha Exhibición de DOMA DE ALTA ESCOLA EN RENDAS LONGAS E TRABALLOS DE DOMA EN LIBERDADE CON CABALOS DE PURA RAZA GALEGA. esto será no Campo dos Paxariños.

Exit mobile version