As iniciativas, que actuarán como un incentivo laboral nos mozos, terán lugar en Lourenzá e na comarca de Lemos
Lugo, 5 outubro de 2011.- Novas Xeracións da provincia de Lugo está a organizar dous talleres de emprego co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor entre os novos e incentivar a incorporación ao mundo laboral dos rapaces lucenses. As dúas iniciativas celebraranse en Vilanova de Lourenzá e na comarca de Lemos. O obradoiro que acollerá a zona norte terá lugar o vindeiro 15 de outubro.
O presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, cre que “o cambio de goberno creará confianza na recuperación económica”, que segundo o mozo popular, “será máis pronto que tarde”. Polo de agora, ante a situación de crise económica que asolaga ao país xunto coa elevada taxa de paro xuvenil, Novas Xeracións planeou a celebración de dous talleres de emprego. Dous propostas valoradas polo presidente provincial como “positivas ao ser unha ferramenta que procura o emprego entre os novos”.
O responsable da Secretaria de Traballo e Benestar, Alberto García, asegurou que a iniciativa promovida dende NNXX pretende “servir de utilidade e axuda a todos os mozos e servirá tamén de encontro de inquedanzas, que faremos chegar ao Partido Popular para que as poña en marcha ou lles dea unha solución”
A celebración dos dous talleres de emprego enmárcase dentro do programa de iniciativas de Novas Xeracións que procuran unha mellora laboral entre os novos. Así, con esta mesma pretensión de redución do paro xuvenil, Novas Xeracións tamén ben de crer un novo departamento de traballo dentro da Coordinadora de Economía e Industria. Trátase da Secretaría do Emprendedor, que nace co obxectivo de “fomentar novas formas de incorporarse ao mundo laboral por parte dos mozos nun contexto de crise que provocou unha elevada taxa de paro entre os máis mozos”. Así o puxo de manifesto o presidente provincial da agrupación política xuvenil, Daniel Vega.