Nota de prensa
NOVAS XERACIÓNS DA PROVINCIA DE LUGO
Acto: II TALLER DE EMPRENDEMENTO E BÚSQUEDA DE EMPREGO
Lugar: Salón de Actos da Casa do Concello de Lourenzá.
SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 11.30 HORAS A 13.30 HORAS
Novas Xeracións da provincia de Lugo organiza un taller de emprendemento e procura de emprego co obxectivo de axudar e guiar á xente nova no proceso de procura de traballo. Durante o acto explicaráselle á xuventude como afrontar unha entrevista de traballo ou como elaborar un currículo vitae. O taller de emprendemento e procura de emprego tamén se centrará noutra serie de cuestións de gran importancia á hora de buscar traballo. Entre os aspectos a tocar durante a charla informativa atópanse o coñecemento das calidades emprendedoras, as fontes de emprego ou o poder da imaxe.
No acto estarán presentes, o presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Daniel Vega; o secretario xeral da xunta rexional de NN.XX., Juan Francisco López Prieto, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro; e o candidato ao Congreso dos Deputados, Joaquín García Díez.